CANDO XOGO... EN GALEGO! é o nome da campaña que se está realizando no centro promovida polo Equipo de Educación Física e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, co fin de que os alumnos e alumnas coñezan e empreguen o vocabulario galego básico asociado aos deportes máis coñecidos e practicados por eles. Traballarase o vocabulario dos seguintes deportes: fútbol, baloncesto, ciclismo, tenis, atletismo e xogos populares. Cada deporte foi asignado a un curso determinado que é o que se encarga de buscar o vocabulario, prepara un listado coas principais palabras do mesmo e elabora un mural que se expón na entrada do colexio durante unha semana para que poda ser visto polo resto do alumnado. Así sucesivamente durante seis semanas ata que se expoñan os seis deportes mencionados.
Esta actividade rematará coa celebración o día 19 de abril do DÍA DO DEPORTE, con diferentes actividades lúdico-deportivas.
Aquí vos deixamos unha mostra dos seis deportes traballados:
ATLETISMO - 6º B ED. PRIMARIA - SEMANA DO 19-04 AO 26-04-2016 | |
XOGOS POPULARES - 3º ED. PRIMARIA - SEMANA DO 12-04 AO 19-04-2016 | |
TENIS - 4º B ED. PRIMARIA - SEMANA DO 05-04 AO 12-04-2016 | |
CICLISMO - 4º B ED. PRIMARIA - SEMANA DO 29-03 AO 05-04-2016 | |
BALONCESTO - 6º A ED. PRIMARIA - SEMANA DO 16-03 AO 29-03-2016 | |
FÚTBOL - 5º ED. PRIMARIA - SEMANA DO 08-03 AO 15-03-2016 | |