SEMANA DA ÁRBORE E DA AUGA 2016

O día 21 de marzo celébrase o DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES e o 22 de marzo o DÍA MUNDIAL DA AUGA, e un ano máis no noso cole quixemos celebrar estas datas tan sinaladas a través de varias propostas. Dende o Proxecto de Voz Natura xa se realizou ao longo do mes de febreiro e marzo a actividade "Grazas por adoptarme" na que os nenos e nenas levaron para as súas casas pequenos brotes de carballos plantados en "tetra-bricks" co fin de transplantalos e coidalosTamén comezou a "Viaxe de Narigota" (a mascota da auga) polos diferentes fogares para concienciar sobre o aforro da auga mediante unha serie de consellos na seu caderno viaxeiro.

Ademais participamos na actividade promovida pola Deputación de Ourense "2ª SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA". Ao longo da semana do 13 ao 18 de marzo os alumnos e alumnas de 6º, 5º, 4º e 3º  de primaria, despois da lectura do libro facilitado pola Deputación: "DONA PINGA E DON CARBALLO FAN AMIZADE", realizaron diversas actividades baseadas na historia que xiraba en torno a figura dunha pinga, unha landra e un carballo e os ciclos da auga e das árbores. 

Estas actividades remataban o día 18 de marzo coa plantación de cinco carballos en diferentes zonas do patio do colexio. Por mor do mal tempo tivemos que pospoñer a citada plantación, que realizamos á volta das vacacións de Semana Santa. 

Na seguinte presentación veredes as fotos do día que fixemos as plantacións e os nomes que elexiron os propios alumnos/as para as árbores que, a partir de agora, se encargarán de protexer e coidar. 

Powered by Drupal - Design by artinet