Unha das actividade complementarias do Programa SI! é a viaxe no tren turístico que percorre a ruta das termas, dende a Praza Maior de Ourense ata as pozas de Outariz, pasando pola zona termal da Chavasqueira, Muíño da Veiga... O luns 18 de maio realizaron esta viaxe os pequenos/as de 4º de Educación Infantil e o martes 19, os de 5º e 6º, tamén de infantil. O principal obxectivo desta actividade é o de concienciar aos nenos/as no respecto e coidado da natureza, ademais do goce que supón para eles o disfrutar dunha xornada ao aire libre nun entorno natural.
(Máis información no blog do horto escolar. Premede nas imaxes para acceder a el)