O último venres antes das vacacións de Semana Santa os alumnos/as de 5º e 6º de educación infantil e os de 3º B de educación primaria estiveron no horto realizando dúas tarefas:
1º- Primeiro observaron as nosas plantacións e á vista de certos perigos... colocaron algunhas trampas moi ecolóxicas.
(Preme na imaxe para visualizala a maior tamaño)
2º- Estiveron sementando xudías, logo na clase repasaron as súas propiedades e beneficios e, os pequenos/as de infantil estiveron facendo uns bonitos traballos... adiviñades con que...?
(Preme na imaxe para visualizala a maior tamaño)