PROGRAMA SI: VISITA DE CARDIO E COCIÑA SAUDABLE

O pasado mércores, 11 de marzo, realizamos dúas actividades enmarcadas dentro do programa SI!, unha dirixida aos nenos/as e outra ás familias.

1º- O mércores pola mañá recibimos unha visita moi especial: o noso amigo CARDIO (mascota do programa SI!), un ano máis, veu a saudarnos e a pasar un rato cantando e bailando cos alumnos/as de 4, 5º e 6º de Educación Infantil e cos de 1º e 2º de Educación Primaria, que son os participan neste programa de saúde promovido polo Concello de Ourense e a Fundación SHE. Tamén  felicitou aos cativos/as por ser uns nenos/as tan "saudables" e agasallounos cunhas gominolas tamén moi saudables feitas con zume de froita natural, sen glute nin colorantes e libres de graxas, que boas estaban!!. 

Como podedes ver na seguinte presentación os cativos/as pasárono fenomenal!!! A maioría deles cantaron e bailaron con CARDIO e todos querían abrazalo e facerse fotos con el. Os pequenos de infantil para recibilo puxeron os seus disfraces de entroido que este ano adicaron a "Os amigos de Cardio" (mazás, uvas, cenorias, tomates, uvas, peras ..., froitas e verduras saudables para o noso "cardio").

 

2º- Xa pola tarde as familias do alumnado de 4º de Educación Infantil, que son os que se incorporan por primeira vez ao programa, tiveron unha charla sobre alimentación e saúde, seguida dunha merenda saudable. 

Mentres os nenos/as eran atendidos no salón de actos por un animador, os papás/mamás e outros familiares dos cativos/as asistiron á charla  "COÑECER PARA MELLORAR" impartida por Dona Julia de la Montaña, experta en nutrición. Primeiro comezou cuns videos explicativos sobre o Programa SI!; nun deles o Doctor Fuster, impulsor do programa, fai unha pequena reflexión sobre o motivo da creación deste programa dirixido aos escolares e as súas familias. A continuación a nutricionista explicoulles cales eran as causas da obesidade infantil e das enfermidades cardiovasculares da sociedade actual, para logo darlles algunhas pautas para previr a obesidad e este tipo de enfermidades.

A charla foi completada por persoal dun grupo alimentario que explicou a elaboración de dúas receitas saudables e deu algúns consellos de cociña sobre como presentar dunha forma máis atractiva os alimentos.

Finalmente chegou o momento da merenda que nenos/as e as súas familias degustaron xuntos nun día cheo de emocións para os pequenos/as. 

(Premede nas imaxes para acceder á galería de fotos)

Mirade que guapos saímos no xornal con Cardio:

 

Powered by Drupal - Design by artinet