Nesta primeira semana do mes de marzo ademais de traballar no horto traballamos tamén no noso proxecto "Escola ponte guapa".
1º- Os cativos/as de 5º de infantil continuaron o traballo realizado a semana pasada polos pequenos/as de 4º de infantil e fixeron máis sementeiros de acelgas; así teremos máis plantas que sementar cando medren; as acelgas teñen moitas propiedades e queremos ter unha boa colleita.
2º - A continuación, e dado o bo tempo que estamos tendo, tamén retomamos as actividades doutra parte do noso proxecto de "Voz Natura" : "Escola ponte guapa". Que bonitas prímulas estiveron plantando na zona da entrada do colexio!!. E se mirades a ficha adxunta veredes que, ademais de ser moi vistosas e encher de colorido o lugar onde se atopan, tamén teñen moitos beneficios.
(Preme na ficha para vela a maior tamaño)