Con motivo da celebración do Día da Biblioteca Escolar, o venres 24 de outubro, o equipo de dinamización da biblioteca do noso centro preparou unha sesión de contacontos especial coa axuda dun mestre, xa xubilado, que impartiu docencia durante moitos anos no colexio: o profe Xosé Carlos Caramés.
Se queredes saber máis sobre esta celebración, consultade o blog da biblioteca escolar (se clicades na imaxe iredes directamente a el).