O 11 de febreiro foi o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Con motivo desta conmemoración, o alumnado de 4º de primaria investigou sobre distintas mulleres pioneiras no mundo científico e compuxeron este fermoso mural.
Alén disto, dedicaron momentos para xogar e aprender empregando o xogo de cartas "Mulleres na Ciencia" e facer experimentos.