Durante este curso seguimos tamén coa reorganización da biblioteca para convertela nun lugar máis acolledor, luminoso e amplo.
Ademais de colocar cartelería da CDU no espazo de consulta, separadores de madeira para indicar a orde alfabética dos libros tanto nos estantes de primeiros lectores como de autónomos e expertos.
Nos estantes dos libros de consulta tamén se colocaron separadores de madeira para indicar o comezo de cada sección.
A bibliteca non parece a mesma. Agora hai espazo para crear distintos recantos.