Para celebrar o DÍA DO LIBRO volvemos saír ao patio para realizar a actividade de APADRIÑAMENTO LECTOR na que os nenos e as nenas maiores lles leron contos aos máis pequenos e ata algúns dos pequenos se lanzaron a lerlles aos maiores.
Os distintos grupos escolleron o espazo que máis lles gustou para gozar da lectura.
E para rematar puideron apadriñar un ou varios libros que se expurgaron da biblioteca para darlles así unha segunda vida.
Pero aí non quedou a cousa, tamén houbo intercambio de marcapáxinas de agasallo entre toto o alumnado.
Un día fermoso para ler e escoitar!