Videoconferencia sobre Intelixencia Artificial

 

O pasado martes 21 de marzo, grazas ao “Plan Proxecta: Rapazas Emprendedoras nas TIC” no que participamos, o alumnado de 4º de Educación Primaria puido gozar dunha videoconferencia sobre Intelixencia Artificial.

 

A charla foi impartida pola enxeñeira informática Alma Gómez, investigadora no uso de Sistemas Intelixentes en distintos campos de aplicación.

 

O alumnado puido ver distintas aplicacións como Midjourney, DALL-E2 e ChatGPT.

 

Velaquí deixamos algunhas fotos.

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet