PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS é unha actividade promovida por Afundación na que unha das súas actividades consiste en que o alumnado de 5º e 6º é coordinado para pintar un mural.
O proxecto pretende a creación de murais artísticos, colaborativos e ecolóxicon con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que absorben e depuran os contaminates que hai no aire. Unha iniciativa enmarcada na concienciación do coidado do medioambiente.
No caso do centro escollemos unha parede do exterior do centro para pintala de xeito colaborativo entre os tres cursos.