O alumnado de 3ºA e 3ºB participou no concurso de debuxo relacionado co tema "Un feliz viaje por la vida" promovido pola Asociación POR ELES T.E.A. de Ourense, para dar visibilidade e sensibilizar poboación en xeral sobre o Trastorno do Espectro Autista.
O concurso consistía en realizar un debuxo ou un breve relato, onde o alumando podía plasmar o significado que ten para él ou ela, a felicidade.
Como premio podían conseguir unha tablet.
A gañadora da tablet foi: MARISA BOÁN polo seu debuxo, e os e as demais participantes da clase recibiron un diploma.
PODES VER AS IMAXES MÁIS GRANDES SE PREMES NELAS