A SEMANA DA SAÚDE EN EDUCACIÓN INFANTIL

 

Na semana do 4 ao 8 de abril celebramos no colexio a “Semana da Saúde”, consistente na realización de talleres relacionados con hábitos de alimentación saudable. Estas actividades están promovidas polo Concello pola nosa participación no Programa SI, de Saúde Integral.

Comezamos o luns co alumnado de educación infantil, que participou nos seguintes:

 -3 anos: taller de froitas

 -4 anos: taller de iogur

 -5 anos: taller de minipizzas

Primeiramente atenderon una pequena explicación das monitoras, despois puxéronse “mans á obra”, e finalmente degustaron as súas elaboracións. MMmmmm!!!!

O martes recibimos a tan ansiada visita de CARDIO, que saudou e bailou con todos e todas. Ademais agasallounos cunhas “gominolas saudables” , feitas con zume de froita natural. Todos disfrutaron enormemente con esta visita coa que soñan durante todo o curso.

 E remataron cun contacontos que versaba sobre as emocións (outro dos temas que se traballan no programa). Neste conto titulado “5 ENFADOS” un neno chamado Carlos estaba moi enfadado, irritado, alporizado…por 5 motivos:

 1.-porque papá non lle mercaba un xeado

2.-porque mamá non tiña tempo para xogar con el

3.-porque a súa irmá rompéralle o seu xoguete favorito

4.-porque tiña que deitarse cedo

5.-PORQUE SI!!!!

Logo de consultar con varias bruxas, todas lle deron a mesma receita: coller aire fortemente polo nariz , expulsalo pola boca e contar ata 10. E así foi como Carlos aprendeu a controlar os seus enfados.

 A continuación podedes ver as fotos destes días.

Powered by Drupal - Design by artinet