Nunha anterior entrada, informabamos que se realizarían unha serie de actividades, na semana do 10 ao 13 de maio, organizadas pola ANPA do centro e enmarcadas dentro do plan promovido pola Consellería de Emprego e Igualdade para o fomento de actuacións relacionadas coa promoción da igualdade e da prevención da violencia de xénero.
Como xa indicaramos, había dous tipos de actividades:
1- Sesións de contacontos e xogos para infantil, 1º, 2º e 3º de primaria.
2- Obradoiros de ciencia a través dos traballos e inventos de mulleres científicas, para o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.
Na seguinte presentación tedes máis información e imaxes das distintas actividades:
(premede no símbolo para pasar as distintas páxinas cara abaixo e no botón para ver as presentacións de fotos)