Transcribimos un dos últimos comunicados da FUNDACIÓN SHE que, a través dun conto, nos fala da importancia dos pequenos cambios que poden xerar un gran impacto:
"Sara, Hugo e Elvira viven a súa vida sen ser conscientes da influencia que as súas accións, pensamentos e emocións poden chegar a provocar noutras persoas.
E é que, ás veces, unha decisión que se vai cociñando durante un tempo, un pensamento que nos ronda a cabeza ou unha conversa que tiñamos pendente, ocorren e xa non podemos parar a cadea de marabillosos sucesos que os seguen.
Así é o cambio de hábitos e así é o coidado da nosa saúde, aparentemente individual, pero enormemente social.
Isto é o que quixemos recoller neste novo conto, inspirado nos valores e metas da Fundación SHE no que puxemos o cariño e o coñecemento do equipo, coa intención de reflectir a importancia do contorno e a sociedade, no voso caso do ambiente escolar.
Animámosvos a seguir traballando pola promoción da saúde no alumnado, no profesorado, nas familias e no centro, como comunidade, nun momento no que a prevención dunha enfermidade cobra tanto protagonismo."
Alimentarnos de forma saudable, realizar actividades física acotío e aprender a identificar e xestionar as nosas emocións son as claves para nos manter fortes e estables nun momento no que nos precisamos sans e positivos. E coa axuda do grupo estes cambios son máis doados de conseguir.
Enlace ao conto: