Un ano máis seguimos traballando co PROGRAMA SI! que, como xa todos sabedes, promove a fundación SHE do doctor FUSTER.
Nas seguintes liñas a Fundación Si! recordanos os fundamentos do programa:
O Programa SI! nace cuns piares robustos, que o levan a ser hoxe un programa de promoción da saúde integral, sólido, efectivo e ben valorado:
A súa sólida base científica levounos a realizar estudos cos que validar a súa eficacia en cada unha das etapas nas que intervén, nos que se están obtendo resultados positivos.
O centro da intervención é a promoción do coidado do corazón no alumnado, favorecendo non só a súa interiorización desde a teoría (coñecemento), senón tamén promovendo o desenvolvemento dunha visión positiva e activa da saúde persoal (actitude), e desenvolvendo uns comportamentos saudables no seu día a día (hábitos).
Para conseguilo sabemos que é imprescindible a colaboración e unidade dos diferentes contextos e persoas que os acompañan, polo que para conseguir un cambio xeneralizado e permanente nos seus hábitos de vida intervimos en catro niveis diferentes e interconectados:
- A aula, con materiais didácticos elaborados para seren utilizados de forma transversal desde diferentes áreas.*
- O profesorado, ao que se lle ofrece unha formación voluntaria e acreditada sobre a promoción da saúde cardiovascular.
- O ambiente escolar, para acadar un cambio permanente na identidade do centro.
- As familias, para a súa sensibilización e maior coñecemento sobre a saúde e a xeneralización dos novos hábitos de vida máis aló do centro educativo.
Que contidos se traballan?
A ciencia médica demostrounos que a saúde do corazón depende en boa medida de termos uns hábitos de vida saudables que teñen moito que ver cos tres compoñentes que se traballan no Programa SI!:
- Alimentación saudable: que, como e canto comemos.
- Vida activa: canto e como nos movemos.
- Factores de protección ante o consumo de substancias: que sentimos e como o xestionamos.