O pasado luns, 22 de febreiro, a regueifeira PILAR MIRA visitou o noso centro para pasar unha mañá conversando e cantando cos alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.
Explicoulles o que eran as regueifas, faloulles da tradición oral galega, da arte da improvisación, dos desafíos, do humor, da retranca, do pan de molete, da composición das regueifas, das estrofas de catro versos...
E cantoulles un relato sobre o tema de maior actualidade do momento, acompañada polos rapaces e polas rapazas dos cursos mencionados, que empregaron pandeiretas e paus para seguir o ritmo.
No blog da biblioteca tedes toda a información e un vídeo con diversos momentos do canto da regueifa. (premede na imaxe)