Este curso 2020-21 comezamos a nosa andaina no PROXECTO E-DIXGAL, un programa posto en marcha pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no curso 2014/2015 e que supón unha nova forma de desenvolver o proceso de ensino-aprendizaxe, ao suprimirse o libro impreso e ao permitir ao alumnado acceder a un entorno virtual de aprendizaxe (EVA) onde ten acceso a contidos tanto on-line (mediante conexión a internet), como off-line (sen conexión a internet).
O profesorado seleccionará de entre os materiais que a Consellería pon a súa disposición na plataforma virtual de aprendizaxe aqueles que consideren máis axeitados para o seu alumnado, así mesmo poderá subir outros materiais complementarios e/ou de elaboración propia. O alumnado mediante os seus portátiles, que poderán levar para as súas casas, accederán a través da citada plataforma a ditos contidos e materiais, co seu nome de usuario e contrasinal. Ao poder levar o portátil para as súas casas e conectarse tanto on-line como off-line, estase garantindo que todo o alumnado esté en igualdade de condicións. Os equipos actualizarán automaticamente os traballos realizados polo alumnado na casa ao chegar ás aulas e contar con conexión a internet.
Este curso o programa implantarase (ao ser o primeiro ano no centro) soamente en 5º de primaria.
OBXECTIVO XERAL: instaurar o proxecto E-Dixgal no CEIP PLURILINGÜE PROFESOR ALBINO NÚÑEZ e fomentar o uso dos materias dixitais mediante o mesmo.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
ALUMNADO
Fomentar entre o alumnado o uso seguro e responsable das novas tecnoloxías
Desenvolver as competencias básicas mediante o uso das TICs
Utilización das TICs como recurso e instrumento para desenvolver os contidos das áreas do currículo, integrando os materiais dixitais nas actividades da aula
Integrar linguaxes multimedias ás dinámicas escolares
Coñecer o funcionamento do EVA e os libros e materiais dixitais
Coidar e facer un uso correcto do material
Aumentar a motivación do alumnado mediante a utilización de programas e contornas dixitais
Facer uso de diversas ferramentas online: búsquedas en internet, foros de discusión, podcast, redes sociais, correo electrónico…
Compensar desigualdades entre os diferentes niveis de dominio das TICs do alumnado, non soamente no centro, senón proporcionando o acceso a equipamentos de forma gratuíta
COMUNIDADE EDUCATIVA
Colaborar coa comunidade educativa no coñecemento das TICs e o seu uso educativo
Formar ao profesorado nas TICs e no funcionamento de E-Dixgal
Fomentar a participación do profesorado en programas de formación para o uso pedagóxico destes medios no ensino diario
Usar o libro dixital na programación de aula e na preparación e desenvolvemento das clases
Cambiar a metodoloxía do proceso de ensino-aprendizaxe por unha máis activa e motivadora para o alumnado
Mellorar a atención á diversidade fomentando a igualdade no acceso a contidos
Coñecer os riscos e posibilidades educativas das TICs no seu uso pedagóxico
Contribuir a eliminar a fenda tecnolóxica entre o profesorado do centro
Potenciar a comunicación entre a comunidade educativa a través dos materiais dixitais.
CENTRO
Actualizar os equipos informáticos para que sexan funcionais e útiles para a implantación de E-Dixgal
Optimizar o uso da web dinámica do centro para apoiar o proceso de ensino-aprendizaxe
Contribuír ao proxecto anual de sosteñibilidade do centro mediante o emprego das TIC, reducindo o uso excesivo de material funxible
Empregar o correo electrónico como ferramenta máis habitual de comunicación entre o profesorado do centro e coas familias.
Fomentar a firma dixital para reducir a impresión de convocatorias de claustro e consello escolar.
Nos seguintes enlaces tedes máis información sobre o programa:
- FOLLETO INFORMATIVO FAMILIAS
- ENTORNO VIRTUAL DE APRENDIZAXE (EVA)
O programa conta cun servizo de axuda para o profesorado, alumnado e familias, Calquera dúbida, necesidade de información, problema técnico... será resolto a través deste servizo. No seguinte enlace tedes toda a información: