No Boletín Oficial da Provincia de Ourense do día 12 de abril de 2021 saiu publicado o extracto da convocatoria para a concesión de Axudas para a adquisición de libros de texto, material escolar e para comedores escolares para o curso 2021/2022.
Convocatoria realizada polo Concello de Ourense e destinada a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo do Concello de Ourense, que teñan nenos e nenas ao seu cargo escolarizados en centros públicos ou concertados de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria do Concello de Ourense, nos que non se segregue aos alumnos/-as por sexo.
O prazo de presentación das solicitudes abrangue dende o 13 de abril ata o 03 de maio, ambos incluídos.
Os requisitos destas axudas ríxense polas bases reguladoras fixadas no Boletín Oficial publicado o 25 de maio de 2019.
Nos seguintes enlaces podedes acceder a toda a información:
-- Boletín Oficial da Provincia do 25 de maio de 2019 (bases reguladoras das convocatorias anuais) |
-- Boletín Oficial da Provincia do 12 de abril de 2021 |
- Resumo das bases reguladoras |
Na páxina web do Concello, na área de Asuntos Sociais, tedes máis información:
- ÁREA ASUNTOS SOCIAIS (CONCELLO DE OURENSE)
As solicitudes poden presentarse electronicamente:
- SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DE OURENSE
Ou de forma presencial nos seguintes lugares:
- Oficina de Información Cidadá (Praza Maior, 1)
- Oficinas Municipais de Bispo Carrascosa, 8
- En todas as UNIS (Unidade Interdisciplinar de Intervención Social) de Benestar Social
Recordade que as axudas do Concello de Ourense para libros de texto e material escolar son para o alumnado de educación infantil.