O día 14 de maio os alumnos/as de 5º e 6º de primaria realizaron unha visita á ETAP (Estación de tratamento de augas potables) co obxectivo de coñecer o tratamento necesario para que as augas sexan aptas para o consumo humano. A actividade consistiu primeiramente nunha charla de arredor de 20 minutos de duración sobre a importancia da auga no planeta e sobre os procesos de potabilización da mesma, despois da cal viron in situ como se realiza este proceso coas augas procedentes do río Miño e do río Loña (embalse de Cachamuiña) que son os que abastecen de auga á cidade de Ourense.