Un ano máis continuamos desenvolvendo o PROGRAMA SI (SAÚDE INTEGRAL) promovido polo doctor Valentín Fuster a través da Fundación SHE.
Este ano xa están implicados todos os cursos, tanto de Educación Infantil, como de Educación Primaria (recordamos que empezamos no curso 2012-2013 cos pequenos e pequenas de 6º de Educación Infantil que agora xa están en 6º de Educación Primaria!!). Un amplo percorrido onde fomos aprendendo, tanto na escola coma nas casas (mediante os boletíns, retos e actividades que íamos enviando), que a saúde é cousa de todos e que un estilo de vida saudable, dende os primeiros anos da nosa vida, favorecerá a prevención de enfermidades cardio-vasculares e mellorará a nosa saúde en xeral.
Para comezar esta nova andaina, hoxe deixámosvos a Guía Si, onde teredes toda a información sobre o programa para axudarvos a entender mellor o seu sentido e a súa filosofía.