Xa podedes descargar o impreso para a solicitude das actividades complementarias de despois de xantar. A maioría das actividades son ofertadas e organizadas pola ANPA do centro. Hai unha ampla variedade: pintura, teatro, percusión e gaita, karate, patinaxe, informática, baile moderno, natación, xadrez, inglés... |
|
(Preme na imaxe para ver ou imprimir o folleto coa selección das actividades a escoller) |
Curso 2015-16
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS DE DESPOIS DE XANTAR 2015-16
COMEZO DE CURSO
Coma todos os anos, aquí tedes a primeira circular informativa do presente curso con diversas informacións sobre: horarios, normas xerais, obxectivos, recomendacións... que esperemos sexan de interese para toda a comunidade.
Ademais recordámosvos que o vindeiro martes, 29 de setembro, celebraremos a reunión xeral con todos os pais/nais ou representantes legais dos alumnos/as no salón de actos do centro ás 18:00 h. da tarde.
ESPERAMOS A VOSA PRESENZA NA REUNIÓN CON TODOS OS PAIS/NAIS DO ALUMNADO |
(Preme na imaxe para ver o díptico informativo a tamaño completo)
CONCERTO INAUGURAL
Acabamos de comezar o cole e xa realizamos a primeira saída didáctica do presente curso escolar 2015/2016:
Os alumnos/as de 5º de Educación Primaria acudiron o luns, 14 de setembro, á Praza de San Martiño de Ourense para presenciar o concerto que deu a Orquesta Xuvenil da Escola Municipal de Música de Ourense (EMMO) con motivo da inaguración do novo curso escolar por parte da Concellería de Educación.
O concerto durou arredor de 50 minutos e tanto alumnos/as coma profesores da citada orquesta interpretaron temas moi "marchosos" facendo participar activamente a todos os presentes.
(Preme na imaxe para visualizar o programa das actuacións a maior tamaño)
A L U M N O S / A S
5º P R I M A R I A
|
|
Reseña na prensa dixital do concerto:
COMEZO DE CURSO
Comezamos o novo curso sendo notica no xornal La Voz de Galicia, na primeira páxina da edición impresa para Ourense do día 11 de setembro de 2015, a foto cos alumnos/as de 5º de Educación Infantil (4 anos) do noso cole ilustra a nova do comezo do curso escolar na provincia de Ourense.
En páxinas interiores, fotos dalgúns dos nosos alumnos/as ilustran tamén o desenvolvemento da citada nova do comezo do curso escolar para 19.000 nenos/as ourensáns.
Xián de 3 anos, Mario de 1º de primaria e Yeray de 4 anos, protagonistas do comezo do novo curso.
BENVIDA
O día 10 de setembro comezamos o novo curso no noso horario habitual de 9:30 ata 14:30 (15:30 para os nenos/as que fan uso do servizo de comedor escolar).
O alumnado de Ed. Infantil de 3 anos, debido ao período de adaptación, incorporarase paulatinamente segundo o horario que lle foi asignado a cada un na reunión que mantivo a titora cos pais/nais.
O servizo de transporte e comedor funcionará con normalidade dende o xoves día 10.
NADAL 2015
Un ano máis xa está aquí o NADAL e así o vivimos no cole:
Ambientamos o colexio coa decoración propia destas datas
Fixemos na entrada do colexio unha exposición de ÁRBORES DE NADAL:
Realizamos as nosas postais de felicitación do NADAL:
Recibimos a visita dos Reis Magos, os pequenos/as de Ed. Infantil entregáronlles as súas cartas cos seus desexos para a noite de Reis:
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7