Curso 2020-21

HORARIOS ENSINO NON PRESENCIAL

HORARIOS PARA O DESENVOLVEMENTO    DO ENSINO A DISTANCIA

 

 

Segundo se especifica no Artigo 3º, punto 4, da Resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para a elaboración de horarios nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020-2021 para o desenvolvemento de ensino a distancia en períodos de peche de aulas ou centros como consecuencia da pandemia da COVID-19, fanse públicos nesta páxina web os horarios que rexerán para cada un dos grupos e niveis do centro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 - HORARIOS PARA O DESENVOLVEMENTO DO ENSINO A DISTANCIA 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS DE BALDE

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade acaba de publicar a  ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

Segundo dita Orde, distribuíranse de forma gratuíta máscaras entre o alumnado de educación primaria e educación especial, segundo os  criterios especificados e que resumimos no seguinte documento:

 

 

Enlace ao documento anterior por se queredes descargalo ou imprimilo:

- RESUMO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Enlace ao DOG para consultar a Orde completa: 

- ORDE no DOG do 13 de novembro 

Impreso de solicitude:

- SOLICITUDE: ANEXOS I E II

Páxina da Consellería con máis información:

- DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

CURSO 2020-21: WELCOME FABIOLA!!

Damos a benvida a Fabiola Flores, a nosa auxiliar de conversa para este curso 2020-21. 

Fabiola naceu en Estados Unidos, concretamente na localidade de Gridley, preto da cidade de Sacramento, no estado de California. Alí é onde vive actualmente cos seus pais, que naceron en México,  e os seus irmáns. 

En 2013 rematou a súa carreira en "Comunication Studies and Disorders",  o equivalente aos nosos estudos da especialidade de Audición e Linguaxe. 

Este é o seu terceiro curso como auxiliar na provincia de Ourense. O primeiro ano traballou nos colexios de Cortegada e Ribadavia, e o curso pasado estivo en Educación de Adultos. 

Gústalle moito estar en Ourense porque xa ten aquí moitos amigos. Ademais encántalle o caracter da xente ourensá, a cultura galega e tamén a nosa gastronomía.

Este curso traballará como auxiliar de conversación na materia de plástica dende 1º ata 6º de primaria. Axudará tamén na materia de lingua inglesa nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, potenciando, sobre todo, a comunicación oral do alumnado.

No seguinte mapa podedes ver onde está situada a súa localidade, preto de Sacramento e tamén da cidade de San Francisco:

 

ACCESO Á AULA VIRTUAL DO CENTRO

Como xa todos sabedes, segundo as instrucións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ao longo deste curso e, con vistas a un posible confinamento, debemos usar a Aula Virtual do centro (obrigatorio dende 3º a 6º de primaria), para facilitar o acceso e traballo do alumnado e o profesorado.

Co fin de comprobar que todos os alumnos e alumnas poden conectarse a esta aula sen dificultade, necesitamos que ao longo desta semana aquelas familias que aínda non o intentastes (sobre todo as familias dos alumnos/as máis pequenos/as), que fagades o posible por conectarvos. Para iso podedes consultar o seguinte titorial onde se indica como facelo. Se tedes algunha dificultade, agradeceríamos que vos poñades en contacto co titor/titora correspondente ou co centro para intentar resolver ese problema. 

 

Titorial en pdf por se preferides descargalo ou imprimilo:

-ACCESO AULA VIRTUAL 

 

 

 

PROGRAMA ARCO

Este curso 2020-21 solicitamos a participación na INICIATIVA ARCO (APOIO, REFORZO DE COMPETENCIAS E ORIENTACIÓN). Programa posto en marcha o pasado curso pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e que pretende  "seguir avanzando cara á consecución dunha escola de calidade e inclusiva que responda ás necesidades de todo o alumnado, e para continuar traballando polo fomento do éxito escolar e a prevención do absentismo e abandono escolar temperá".

Dentro das 3 liñas de actuación que promove a iniciativa ARCO, solicitamos a LIÑA 1, dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, que será reforzado dentro do horario lectivo por un novo docente da especialidade de Pedagoxía Terapéutica a media xornada; ofrecéndolle unha atención persoal que lle permita mellorar o seu rendemento escolar e acadar unha motivación positiva de cara as súas aprendizaxes.

Resumimos os principais obxectivos que pretendemos con este programa:

- Apoiar ao alumnado para a mellora do rendemento escolar.

- Mellorar o éxito escolar, reducir e previr o abandono educativo do alumnado.

- Diminuír as barreiras de aprendizaxe que dificultan superar e acadar os obxectivos do seu nivel educativo.

- Xerar un clima de aprendizaxe que favoreza o traballo por proxectos e colaborativo. 

No seguinte enlace tedes máis información sobre o programa:

- INICIATIVA ARCO 2020/21

Resolución definitiva co listado de centos seleccionados:

- RESOLUCIÓN DEFINITIVA ARCO 2020/21

 

SAÍMOS NO XORNAL: SAMAÍN 2020

O mércores, 4 de novembro, saímos na edición impresa do suplemento Xornal Escolar que se publica conxuntamente co xornal LA REGIÓN todos os mércores. Neste suplemento, recóllese unha mostra de como foi a celebración da festa de Samaín-Halloween nos colexios. Mirade que guapos e guapas saíron os nosos pequenos e non tan pequenos!!:

SAMAÍN- HALLOWEEN 2020

Estas son algunhas das actividades que realizamos con motivo da celebración do SAMAÍN- HALLOWEEN, sempre cargado de sorpresas e misterios...

1- Un cento de libros podedes ler na nosa biblio que falan de misterios, de pantasmas, de bruxas, de monstros... 

2- O tradicional concurso de Contos de Medo xa está en marcha, esperamos historias cargadas de misterio no Camiño de Santiago.

3- Nas distintas aulas non faltou a decoración e a realización de diferentes actividades plásticas.

4-Coa colaboración dende as casas fixemos unha arrepiante exposición de cadaleitos.

5-Non faltaron as lecturas a media luz.

6- E para rematar... os esperados e terroríficos disfraces!!

 

(Se premedes en cada número da imaxe superior poderedes ver unha presentación de imaxes de cada actividade realizada). 

NOTIFICACIÓN ÁS FAMILIAS: CAMBIO HORARIO DÍA 4 DE NOVEMBRO

No seguinte comunicado informamos do cambio de horario do próximo mércores, 4 de novembro, por mor da chegada da 14ª etapa da Volta Ciclista a España a Ourense:

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet