Curso 2016-17

TALLER DE RECICLADO

O vindeiro sábado, 10 de decembro, emitirase na cadea de televisión local TELEMIÑO un programa da serie XORNAL ESCOLAR. No mesmo haberá unha sección chamada TALLER DE RECICLAXE na que participan alumnos e alumnas de 2º A e 2º B do noso centro. 

Este taller de reciclaxe realizouse no colexio o pasado 1 de decembro cos alumnos/as mencionados. Trátase dunha actividade que ten como principal obxectivo "introducir no hábito da reciclaxe os nenos transformando con eles obxectos do lixo". O cal incide no tema que levamos a cabo ao longo deste curso no centro, o reciclado, promovido polo noso proxecto de VOZ NATURA "Reciclamos lixo co mellor sorriso"

Queredes saber que foi o que realizaron con materiais de refugallo?. Non vos perdades a emisión do programa...trátase de algo moi propio destas datas que se aveciñan.

SÁBADO 10-12-2016, ÁS 14.00 H.  

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

La violencia contra las mujeres y las niñas es una violación de los derechos humanos, una pandemia de salud pública y un grave obstáculo para el desarrollo sostenible. […] Sale muy cara a las familias, las comunidades y las economías. […] El mundo no se puede permitir pagar ese precio».                        Ban Ki-moon, Secretario General de la ONU

vvc

O 20 de decembro de 1993, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller (A/RES/48/104 Documento PDF).

O 17 de decembro de 1999, a través da Resolución 54/134 Documento PDF, declarou o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A data foi elexida como conmemoración do brutal asesinato en 1960 das tres irmás Mirabal, activistas políticas da República Dominicana, por orde do gobernante dominicano Rafael Trujillo (1930-1961).

De dende aquela a ONU insta aos gobernos, ás organizacións internacionales e ás organizacións non gubernamentales a que organicen nese día actividades dirixidas a sensibilizar á opinión pública respecto ao problema da violencia contra a muller. 

No colexio unímonos a esa conmemoración coa celebración dun pequeno acto no patio do colexio, presidido por un gran cartel elaborado para a ocasión.

Primeiramente, Raquel e Inés, alumnas de 6º, leron  un pequeno manifesto elaborado polos alumnos de 5º A, do que reproducimos algúns fragmentos:

        "vive en igualdade, vive sen violencia"

Queremos manifestar a nosa solidariedade con: todas as mulleres que senten medo, dor, tristeza, sufrimento e calquera tipo de violencia e inxustiza no mundo …

Asimesmo queremos manifestar o noso compromiso para:

Respectar os dereitos das mulleres e das nenas.

Rexeitar todo tipo de violencia contra as mulleres tanto física como verbal.

Relacionarnos respectuosamente.

Empregar mensaxes cooperativos e dialogantes.

Denunciar situacións de violencia contra as mulleres e nenas.

A continuación fixemos o "reto do maniquí" (o famoso mannequin challenge que está tan de moda e que consiste en quedarse inmóvil coma un maniquí mentras soa unha canción). Nenos/as e profesores/as fixeron de maniquíes mentres soaba a canción de Amaral "Salir corriendo", canción que incide no tema da violencia de xénero. 

Aquí vos deixamos algunhas das imaxes do pequeno acto reinvindicativo:

 

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Día                 internacional       contra a violencia de xénero   

25 NOVEMBRO DE 2016                            

PLAN DIRECTOR: ACOSO ESCOLAR

Se xa informamos nunha entrada anterior dunha charla sobre seguridade en internet impartida dentro do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E NOS SEUS CONTORNOS, damos hoxe conta doutra charla promovida dentro do citado plan e que xiraba en torno ao ACOSO ESCOLAR. Foi impartida no centro por unha axente da policia nacional o pasado xoves, 17 de novembro, aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria. 

Para introducir o tema, comezou a charla co visionado do seguinte vídeo: 

A continuación a axente proxectou unha presentación do CORPO NACIONAL DE POLICÍA da Comisaría de Ourense ao mesmo tempo que lles falaba do acoso escolar ou bullying, do perfil do acosador, da vítima e dos espectadores, dos tipos de acoso existentes, das consecuencias do acoso... Ao rematar a exposición abriuse un turno de preguntas, os nenos e nenas plantexáronlle cuestións á axente e esta aclaroulles as súas dúbidas sobre este tema, recalcando que ante calquera situación deste tipo deben sempre falar cun adulto. 

Damos difusión tamén a este vídeo da POLICÍA NACIONAL, tratando de concienciar aos alumnos e alumnas sobre a necesidade de parar e denunciar o acoso escolar:

Premede nas imaxes para acceder á galería de fotos da charla informativa:

 

Enlazando con este tema, lamentablemente tan de actualidade, recordamos o teléfono gratuíto para denunciar casos de acoso escolar e que acaba de poñer en funcionamento (o pasado 1 de novembro) o Ministerio de Educación. Teléfono operativo as 24 horas do día e os 365 días do ano: 900 018 018

 

MAGOSTO 2016

Un ano máis celebramos no cole a festa do magosto. O tempo non nos axudou moito e tivemos que comer o xantar no comedor escolar, ademais non puidemos realizar a sesión de xogos tradicionais como estaba previsto.

Ao final o tempo quíxose portar algo ben e deixounos facer a fogueira e asar as castañas, co cal a xornada rematou mellor do esperado: todos os que quixeron tisnaron a cara....!!!

 

 

 

 

TEATRO: PULGARCITO

O mércores 9 de novembro o alumnado de 3º e 4º curso de educación primaria acudiu ao Auditorio Municipal de Ourense para presenciar a obra Pulgarcito patrocinada por 

A compañía  pon en escena unha versión moderna e orixinal do conto clásico de Charles Perrault. Se no conto uns pais desesperados abandonan os seus fillos no bosque por ser extremadamente pobres, na versión teatral un fillo enfróntase á tarefa de como coidar  dun pai ancián desmemoriado que precisa axuda para as actividades da vida cotiá. Por non poder atendelo convenientemente decide ingresalo nunha residencia.

Ao longo da representación, que abarca parte da noite anterior ao ingreso do pai,  vanse mesturando as dúas historias: pai e fillo lembran e recrean xuntos o conto de Pulgarcito e ao mesmo tempo se escenifican as dificultades que ten o fillo para atender o seu pai.

O espectáculo teatral divirte e ao mesmo tempo emociona e incita á reflexión sobre o sentimento de abandono e desprotección.

Para saber máis:

 • grupo teatral Teatro Paraíso →  www.teatroparaiso.com

 • texto cuento→ www.edu.mec.gub.uy/.../libros/.../Perrault,%20Charles%20-%20Pulgarcit...

 

 

 

 

 

 Alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria na entrada do Auditorio Municipal preparados para presenciar a representación teatral.

  

 

 

ILUSIONISMO, MAXIA OU CIENCIA?

Baixo o título de ILUSIONISMO, MAXIA OU CIENCIA? englóbase unha exposición interactiva promovida pola OBRA SOCIAL "LA CAIXA" en colaboración co CONCELLO DE OURENSE. Baixo unha gran carpa instalada no Xardín do Posío da nosa cidade podemos explorar o mundo das ilusións, de como funciona o noso cerebro e de  como percibimos o que nos rodea.

"Neste proceso de interpretación da realidade xoga un papel importante a arte do ilusionismo. O cerebro é unha fábrica de ilusións. Unha ilusión é un fenomeno mental consistente en sensacións e percepcións estrañas e inesperadas. O  que percibimos nunha ilusión é sempre diferente ao que esperamos ou consideramos lóxico.  Durante séculos os magos explotaron científicamente os límites da mente e as súas percepcións para crear ilusións. Hoxe, esa situación invértese e son os científicos quen se interesan polo traballo destes artistas da conciencia para comprender mellor o funcionamento do cerebro e a mente humana". (texto extraído do folleto informativo editado por La Caixa con motivo da exposición). 

A visita a esta exposición foi realizada, en diferentes días, polos alumnos de 2º (4 de outubro), 3º, 4º (3 de novembro), 5º e 6º de primaria (28 de outubro) e tamén polos pequenos e pequenas de 5º e 6º de educación infantil (28 de outubro). 

A exposición está dividida en cinco módulos, aínda que a visita só abarcaba tres deles, e durante a mesma unha guía ía explicando a cada grupo en que consistía cada módulo e os nenos/as foron realizando diversas probas e experimentos.

 

1.OS SENTIDOS E A PERCEPCIÓN DO MUNDO:

"A nosa percepción do mundo créase no noso cerebro a partir dos sinais que  recibe de todos os sentidos de maneira combinada, pero ademais matizada polas nosas experiencias, coñecementos e expectativos, de xeito que facemos unha interpretación particular e subxectiva do que nos rodea, é dicir, o que percibimos non é tan obxectivo como adoitamos crer." 

- Na proba combinada de tacto e oído, ao escoitar un ruxido e tocar algo ao tacto, o cerebro xa interpretaba que o que tocabamos era a pel dun león... era isto verdade?'

- Na proba combinada de olfato e vista, ao ver un alimento apetitoso o olor que percibíamos era agradable, non así cando viamos algo podre... aínda que o olor era o mesmo!!


2. O CEREBRO É ASÍ: AS ILUSIÓNS 

"O cerebro é quen ve, oe, cheira, gusta e toca. Todos os pensamentos e experiencias son unha creación deste órgano.

Os magos estudaron como altera as percepcións normais e nos sorprende cos seus trucos e ilusións". Neste módulo podemos ver algunhas das máis importantes ilusións:

Como unha persoa cambia de tamaño en tempo real (habitación de Ames), unha anamorfose (unha deformación deliberadamente distorsionada), como un lápis atravesa un ángulo imposible...

 

3.ÁBRESE O PANO 

"O ilusionosmo consiste en crear sucesos altamente improbables que nos enchen de perplexidade e admiración".

Aquí experimentamos con algún xogo de mesa, fomos a cabeza dunha gran araña...

 

 

E para rematar a visita, que mellor que coñecer un dos parques máis antigos de Ourense??... O Xardín do Posío:

 

 E e

CINE: FANTASÍA

Promovido polo Concello de Ourense e dentro do marco do FESTIVAL DE CINE DE OURENSE (OUFF - Ourense Film Festival) os alumnos e alumnas de 2º de primaria acudiron o venres, 4 de novembro, ao Auditorio Municipal de Ourense para presenciar a proxección da película FANTASÍA, unha película de referencia de Walt Disney no 50 aniversario do seu pasamento e na que a música é a principal protagonista.

Os principais obxectivos desta actividade son:

  • Fomentar o hábito de ir ao cine
  • Dar a coñecer o Festival de Cine de Ourense
  • Formar futuros espectadores
  • Inculcar o gusto pola música clásica entre os máis cativos 
"A obra está composta por 7 secuencias que ilustran 8 fragmentos de pezas de música clásica, arreglados e dirixidos polo director de orquesta Leopold Stokowski e interpretados pola Orquesta de Filadelfia. Estas pezas son:
 
Tocata y Fuga de Johann Sebastian Bach: O comezo.
El Cascanueces de Piotr Ilich Tchaikovsky: A danza do cascanueces.
El aprendiz de brujo de Paul Dukas: O aprendiz de bruxo.
La consagración de la primavera de Igor Stravinsky: A creación da terra.
Sexta Sinfonía de Ludwig Van Beethoven: O monte Olimpo.
Danza de las horas (de la ópera La Gioconda) de Amilcare Ponchielli: Avestruces, hipopótamos, elefantes e cocodrilos.
Una noche en el Monte Pelado de Modest Mussorgsky: O demo
Ave María de Franz Schubert: O final"
 
Ao rematar a proxección, o cineasta Juan Galiñanes exerceu como "guía" da película, falando cos rapaces e rapazas sobre ela e sobre o seu significado.
 
 
 
 

 Alumnos e alumnas de 2º de primaria posando ante o cartel do festival. 

(Premede na imaxe para acceder á galería de fotos)

 

 

SAMAIN/ HALLOWEEN 2016

 

Xa chegou de novo a celebración máis "terrorífica" do ano: O SAMAÍN - HALLOWEEN. O SAMAÍN non é unha copia do famoso HALLOWEEN, senón que provén dunha antiga tradición de orixe celta que existiu en Galicia pero que levaba anos olvidada. Foi un mestre de Cedeira, Rafael López Loureiro, o que a recuperou. Se queredes saber un pouco máis desta festa, o seu significado e as súas orixes, podedes visualizar a seguinte presentación realizada polo IES Pedro Floriani (Redondela):

Tanto en educación infantil como en primaria realizáronse distintas actividades sobre o SAMAÍN (e HALLOWEEN nas clases de inglés). Na seguinte presentación tedes a mostra dalgunha delas:

Realizaron pantasmas "reciclados" feitos con botes e pratos de plástico os pequenos/as de infantil, decoráronse portas terroríficas, realizouse un taller de cabazas promovido polo equipo da bilbioteca escolar que tamén convocou un concurso de contos de medo e realizou unha exposicións de libros coa temática do "medo" como fondo. Bólas "anti-estrés" con globos e fariña e decoradas con caras de monstruos fixeron os alumnos/as de 3º e 4º de primaria. Marcapáxinas e móbiles os nenos e nenas de 1º e 2º. Jamie, a nosa auxiliar de conversa preparou unha presentación sobre como viven a festa de Halloween en Tenneesse, o seu estado americano de orixe. 

Alumnos /as de 6º realizaron uns divertidos esqueletos con bastonciños de algodón... ata os pequenos e pequenas do servizo de madrugadores decoraron tarros de cristal, castañas e pinzas con motivos "terroríficos". Coma sempre, non faltou a decoración e ambientación por todo o colexio.

 

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

Cada 24 de outubro celébrase o DIA DA BIBLIOTECA e como todos os anos o Equipo de Dinamización da Biblioteca do noso centro programaou diversas actividades para conmemorar esta data; entre elas, e coa colaboración das nosas "ecomascotas" MUNDOMAN E BELLI,  a convocatoria dun concurso de "ecoconsellos saudables" cos que se confeccionará un libro.

Tamén houbo unha sesión de contacontos con kamishibai para os pequenos/as de infantil e 1º de primaria

Se queredes coñecer máis detalles da actividade premede no seguinte enlace para acceder ao blog do equipo de biblioteca:

CONTACONTOS NA BIBLIO 

E para coñecer máis sobre a técnica do KAMISHIBAI, premede no seguinte:

KAMISHIBAI

Powered by Drupal - Design by artinet