Saídas

SABOREANDO AS LETRAS

O venres, 27 de maio, os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil foron ao Museo Municipal de Ourense para a ver a XXVII EXPOSICIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA: SABOREANDO AS LETRAS, unha divertida exposición que este ano 2016, ANO INTERNACIONAL DOS LEGUMES, céntrase no mundo dos sabores e dos alimentos saudables. 

"O Pazo das Fabas será o nome imaxinario que reciba o edificio do Museo Municipal durante as sesións lúdico - didácticas da presente campaña de Animación á Lectura do Concello de Ourense.

Catro personaxes (actores) recibirán aos pequenos visitantes para guialos ao longo dunha aventura no interior do Pazo: Dente, Quino, Lavanda e Néboa.

Personaxes que mesturan realidade e ficción e cos que aprenderán xogando, creando e observando no Ministerio dos Legumes e no Ministerio das Nubes." (Sinopse extraída da páxina de Educación do Concello de Ourense).

Os obxectivos principais desta actividade son os de achegar aos nenos e nenas o mundo da lectura dun xeito atractivo e lúdico, fomentando a creatividade e a imaxinación a nivel individual e colectivo. Como este ano a exposición xira ao redor da boa alimentación e os legumes, ademais trátase de familiarizar aos nenos e nenas coa linguaxe dos alimentos, das cociñas e de que valoren a importancia dunha alimentación saudable na que os legumes son unha parte fundamental.

Os pequenos e pequenas de infantil recorreron entusiasmados os dous andares que ocupa a exposición, ocupados por imaxes e decorados especiais.

-A planta baixa do edificio estaba ocupada polo  MINISTERIO DOS LEGUMES, onde había unha mestura de cociña, horta e biblioteca. Alí os nenos/as leron e escoitaron contos, xogaron a clasificar legumes, a cociñar receitas máxicas...

-Na planta alta estaba o MINISTERIO DAS NUBES. Un mundo máxico entre nubes onde vive a GRAN FABA, unha planta leguminosa xigante. Aquí os nenos e nenas aprenderon o importante que son as nubes e a auga para que medren os legumes e a importancia do coidado da natureza. 

 

 

MAMÁ CABRA

O venres 20 de maio os pequenos e pequenas de Educación Infantil acudiron ao Auditorio Municipal para presenciar o espectáculo 15 PRIMAVERAS do grupo MAMÁ CABRA. 

Mamá Cabra é un grupo de música que celebra os seus 15 anos no mundo da música infantil, de aí o título do seu novo espectáculo: 15 PRIMAVERAS.  Nel fan un percorrido pola historia do grupo e das súas mellores cancións: "Un espectáculo diferente cun formato de “Concerto-Teatro” no que se amosará unha nova Mamá Cabra disposta a seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos da xente miúda. Para facer o noso repertorio básamonos en poemas de: Gloria Sánchez, Ana María Fernández, Concha Blanco, Antonio García Teijeiro, etc., aínda que tamén temos cancións propias ou temas que adaptamos do noso folclore". (sinopse extraída da páxina oficial do grupo).

Nas actuacións buscan a participación dos nenos e nenas, propoñendo xogos como: imitar os xestos, facer acompañamentos rítmicos sinxelos, repetir un pequeno retrouso, etc. Os pequenos e pequenas pasárono fenomenal. Era a primeira saída para os nenos e nenas de 4º de infantil e non vexades o que disfrutaron coa actividade!!. 

(Premer na imaxe para acceder á galería de fotos)

ENCONTRO CO AUTOR/A 2016

O pasado martes, 29 de marzo, os alumnos e alumnas de 6º curso de Educación Primaria participaron nunha das actividades máis interesantes e motivadoras para eles: o encontro co autor/a dun libro que acababan de ler nas aulas. Este ano o encontro foi con Érica Esmorís, autora do libro "Nena e o mar" premio Merlín de Literatura Infantil 2015. 

O encontro tivo lugar no salón de actos da Escola de Teatro Municipal. A autora fixo unha presentación de sí mesma, dos rasgos principais da súa vida e contou como se adicou á literatura, cal era o proceso que seguía para escribir os seus libros...tamén lles explicou como nacera e se fora fraguando o libro "Nena e o mar" para despois contestar a todas as preguntas que lle quixeron facer os rapaces e rapazas. Ao final asinou os libros que lle presentaron. 

O día do encontro estaban presentes periodistas e cámaras da Televisión de Galicia que entrevistaron, unha vez rematado o acto, a diferentes alumnos/as para coñecer a súa opinión sobre o libro.Ismael e Antonio, alumnos do noso centro, foron algúns dos entrevistados. Aquí tedes un enlace á páxina web da CRTVG e ao vídeo da entrevista (picade na imaxe):

 

Tamén vos deixamos uns enlaces moi interesantes para que coñezades máis detalles sobre esta a autora e a súa obra:

 

 (Premede en cada imaxe para acceder aos contidos)

 

AURORA

O pasado 16 de febreiro os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Infantil acudiron ao Auditorio Municipal para presenciar a obra de teatro AURORA patrocinada por Afundación dentro do seu programa de actividades escolares. 

"Aurora é a historia do encontro dun aviador coa raíña das curuxas, a quen, coma todas as curuxas, lle gusta máis a noite que o día. Cando escurece voa feliz, axita as ás e asubía coma o vento. Mais ao amencer, énchese de tristura. O sol queima a súa plumaxe e cega os seus ollos. O Aviador vai tentalo todo para axudala, mais... será posible vivir nun mundo sen sol?"                                                                   (Sinopse da obra extraída da programación de Afundación).

Esta obra está representada polo grupo teatral ELEFANTEELEGANTE, unha compañía galego-portuguesa que crea espectáculos visuais baseados no xesto e no movemento:

"Esta creación mistura teatro de actor e videocreación co desexo de profundizar a experimentación do Elefante Elegante ó redor das linguaxes visuais. A música conecta a acción no escenario coa acción proxectada en video creando un universo máxico, cómico e misterioso."

 

   
MOMENTOS DA REPRESENTACIÓN 
  
NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS PREPARADOS PARA PRESENCIAR A FUNCIÓN TEATRAL 

(Preme nas imaxes para acceder á galería de fotos) 

 

COUSAS DE CATRO

Co patrocinio de //Afundación, o  xoves día 11 de febreiro os alumnos de 3º e de 4º de primaria acudiron ao auditorio municipal para presenciar o espectáculo musical Cousas de catro do grupo galego Odaiko Percussion Group.

O grupo traballa desde o ano 2003 –ano da súa formación- a percusión na música tradicional de diferentes pobos.

Realizan actuacións no noso país e por todo o mundo, levan a cabo espéctaculos didácticos -coa idea de espertar nos nenos e rapaces o interese pola música- e tamén realizan cursos de percusión por toda a xeografía española. Se vos interesa ter máis información sobre o grupo, podedes acceder á súa páxina web:

http://odaiko.es/                                       

O grupo toma o seu nome do odaiko (大太鼓), o tambor (taiko) xaponés de  maior tamaño e que se toca con baquetas de madeira (bachi).                                                                                                            

No espectáculo, moi divertido, utilizaron como instrumentos de percusión: o propio corpo, as zocas que levaban nos pés, tarrañolas, barrís e tubos de plástico de diferentes tamaños, unha marimba e algúns xoguetes. En repetidas ocasións os nenos acompañaban os artista facendo percusión co corpo e mesmo bailando. Ao final da actuación  apagáronse as luces e só se vían unhas baquetas que brillaban na escuridade e percutían nuns barrís. Resultou espectacular.

 

ODAIKOS
TARAÑOLAS  MARIMBA
MOMENTOS DA ACTUACIÓN 
ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º E 4º PRIMARIA

(Fai clic na imaxe para acceder á galería de fotos)

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO IES 12 DE OUTUBRO

Un ano máis, o IES 12 DE OUTUBRO, centro de Educación Secundaria ao que están adscritos os nosos alumnos/as unha vez rematada a etapa de Educación Primaria, organiza unha xornada de portas abertas dirixida aos rapaces e rapazas de 6º de primaria e ás súas familias para que coñezan as instalacións do instituto e a oferta educativa do mesmo. Esta visita ás instalacións do citado instituto realizarase o próximo mércores, 3 de febreiro ás 11:45 h

É importante que os pais/nais e/ou titores legais acompañen aos seus fillos/as para que o coñezan de primeira man e poidan consultar ou aclarar as dúbidas que teñan sobre a nova etapa educativa que van comezar os seus fillos/as. Para iso poden facer uso do propio autobús no que irán os rapaces e que sairá dende o centro o vindeiro día 3 de febreiro ás 11:30 h.

Picando no enlace poden descargar a ficha adxunta de autorización cos datos da saída:

 

Notificación ás familias/alumnado 6º EP: XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO IES 12 DE OUTUBRO 

ALICE

O luns 18 de xaneiro os alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria acudiron ao Auditorio Municipal de Ourense para presenciar o espectáculo teatral e musical en inglés titulado ALICE. Espectáculo representado polo grupo BLUE MANGO THEATRE  e promovido pola entidade Afundación dentro das súas actividades para escolares.

A obra é unha versión moderna do clásico de "Alicia no país das maravillas" de Lewis Carroll.

Para coñecer máis sobre esta actividade clicade nas imaxes para acceder ao blog do departamento de inglés.

LÍO NA GRANXA

O 15 de decembro os alumnos e alumnas de 2º de Educación Primaria acudiron ao Auditorio Municipal de Ourense para presenciar a obra de monicreques "LÍO NA GRANXA", posta en escena polo grupo de comediantes "LA BALDUFA"

"Nunha granxa na que conviven diferentes animais, desaparece un ovo da señora galiña. A partir de aí xorden desconfianzas e comeza unha gran lea entre todos os habitantes. As sospeitas diríxense cara ao corvo, acabado de chegar á granxa dende "o extranxeiro". Piñote e Calabacín son os protagonistas que se convirten en espectadores excepcionais, e comezarán unha aventura para descubrir o que ocorreu co ovo da galiña.

Trátase dunha sátira en forma de fábula que nos achega os conflitos actuais da sociedade contados dunha maneira sinxela, reflexiva e con humor. Lío na Granxa é un espectáculo que nace coa vocación de contribuír na formación dos nenos e nenas nos valores da tolerancia, o respecto e a empatía." (sinopse extraída da páxina dos autores da obra)

 

Os nenos/as pasarono xenial vendo o espectáculo e ata foron saudados polos protagonistas "Piñote" e "Calabacín" ao rematar a representación!. 

LA GUERRA DE TROYA

Alumnos/as de 5º e 6º de primaria acudiron o pasado martes, 24 de novembro, ao Auditorio Municipal de Ourense para presenciar a obra teatral: "La guerra de Troya" , obra promovida pola "Obra Social "La Caixa"" e o Concello de Ourense. 

A sinopse da historia é a seguinte:

Hai miles de anos, nun lugar remoto do Mediterráneo, as dúas nacións máis poderosas da Tierra enfrontáronse nun conflito terrible: a guerra de Troya.
Paris e Helena, Príamo e Agamenón, Héctor e Aquiles, Ulises...Unha historia universal que co tempo transformouse en relato.Nun mito que, durante séculos, axudounos a reflexionar sobre a realidade do mundo e a natureza dos homes.
A mitoloxía grecolatina é un dos piares da civilización occidental e a historia da guerra de Troya continúa plenamente vixente para dar resposta a algunhas das preguntas trascendentais que nos facemos hoxe en día. 
 
"La mitología grecolatina es uno de los pilares de la civilización occidental, y la historia de la guerra de Troya continúa plenamente vigente para dar respuesta a algunas preguntas trascendentales que nos hacemos hoy día. Un espectáculo que combina narración, marionetas y audiovisual de animación".
 

ESPECTÁCULO DE DANZA CONTEMPORÁNEA

mércores, 4 de novembro, os alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria acudiron á Escola Municipal de Artes Escénicas para presenciar e participar na actividade promovida polo Concello de Ourense "EN ESCENA": ESPECTÁCULO DE DANZA CONTEMPORÁNEA + OBRADOIRO COA COMPAÑÍA DE DANZA SóLODOS .

Os principales obxectivos desta actividade son os de dar a coñecer a danza contemporánea, animar ao alumnado a practicar danza e experimentar e recoñecer a riqueza expresiva dos movementos corporales, xa sexa postural, xestual ou actitudinal.

Comezou o espectáculo cunha breve explicación e presentación da actividade indicando tamén os principios básicos da danza, despois houbo a representación de dous dúos de danza contemporánea que forman parte do repertorio da compañía SóLODOS E DA COMPAÑÍA Sparber-Martínez.

Finalmente realizouse un obradoiro no que os nenos e nenas participaron activamente e aprenderon conceptos e ideas sobre a danza contemporánea, así como diferentes formas de realizar unha coreografía, fixeron preguntas e traballaron cos bailaríns no escenario. Resultou unha actividade moi interesante e motivadora para o alumnado na que viviron unha nova experiencia ao ser por primeira vez protagonistas enriba dun escenario. 

Powered by Drupal - Design by artinet