Curso 2020-21

AVISO: VISITAS AO CENTRO

AVISO: Dende o día 1 e ata o 22 de marzo comeza o proceso de admisión de novo alumnado para o vindeiro curso 2021-22. Debido á situación sanitaria pola que atravesamos, este curso non faremos a xornada de portas abertas de forma conxunta, como realizabamos outros anos, para todos aqueles interesados en visitar o centro.

Pero aquelas familias que desexen coñecer de primeira man as instalacións do centro, así como obter información sobre os obxectivos educativos, os diversos programas e proxectos, o funcionamento dos distintos servizos complementarios... PODEN POÑERSE EN CONTACTO CO CENTRO E SOLICITAR, MEDIANTE CITA PREVIA, UNHA VISITA EN HORARIO DE TARDE. 

COMUNICACIÓN: CORENTENA POR COVID

NOTIFICACIÓN  ÁS FAMILIAS

COMUNICACIÓN SOBRE POSTA EN CORENTENA 

DE ALUMNADO DO CENTRO 

Os resultados positivos por COVID dun/unha  alumno/a do centro e do seu/súa  proxenitor/a fixeron á autoridade sanitaria tomar a decisión de poñer en corentena os/as compañeiros/as, considerados como contactos estreitos, da aula  á que pertence. No comedor foron confinados algúns compañeiros/as que comparten mesa á hora de xantare co/a alumno/a. Foron postos en corentena un total de 7 alumnos/as. A corentena estará activa dende o día 20 ata o 28 de xaneiro, xa que o último contacto co/a alumno/a positivo/a tivo lugar o día 18 deste mes.

Todo o demais alumnado e persoal do centro seguirá asistindo ao mesmo con normalidade. Aprovéitase a ocasión para reiterar que se respecten escrupulosamente as normas ditadas no Plan de adaptación á situación Covid-19 no curso 20/21 e así evitar posibles contaxios. 

Calquera aclaración poden solicitala poñéndose en contacto telefónico co centro, evitando acudir sen cita previa ao mesmo.

Dado o estado de crise sanitaria na que nos atopamos entra dentro do posible este tipo de situacións, coas que temos que convivir. 

 

SAÍMOS NO XORNAL: NADAL 2020

No xornal LA REGIÓN do pasado mércores, 13 de xaneiro, saiu publicado no suplemento XORNAL ESCOLAR unha selección de fotos do NADAL que celebramos no cole:

CELEBRACIÓN NADAL 2020

Na seguinte presentación tedes un pequeno resumo dalgunhas das actividades que realizamos con motivo da celebración do NADAL, aínda que intentamos manter actividades que realizamos noutros anos, non tivemos máis remedio que mudar algunhas delas, pero destacamos sempre a ilusión e o esforzo dos nenos e nenas para que todo saíra ben.  

 

Premede na pequena frecha    para pasar as páxinas da presentación e no icono  para reproducir os vídeos 

BO NADAL!!!

E  chegou por fin o NADAL, pero claro, este NADAL é un pouco especial... non é posible xuntarnos nin participar nunha celebración conxunta como nos gustaría. Pero, non podemos deixar que os nenos e as nenas perdan a ilusión por estas datas tan entrañables e cheas de ilusión e felicidade para eles.

Así que aínda que sexa sen público, dende os máis cativos ata os maiores, quixeron demostrar as súas grandes dotes como cantantes  e bailaríns e con todo o cariño e coa mesma ilusión de sempre, preparáronse moi a fondo para que gocemos todos xuntos, aínda que sexa dende a distancia.  Ao mesmo tempo, todos, alumnos e mestres, queremos desexar a toda a comunidade educativa un MOI BO E FELIZ NADAL e que o VINDEIRO 2021 nos traiga moita saúde, felicidade...e moitas gañas de seguir cara adiante con forza e ilusión!

Aquí tedes o vídeo feito con anaquiños de todas as actuacións (en vindeiros días estarán dispoñibles as actuacións completas de cada curso):

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL

 

O Equipo de Biblioteca do noso centro xa realizou a súa selección de libros para que ao longo deste NADAL todos, dende os máis cativos ata os maiores, podades gozar cos bos momentos que sempre nos proporcionan os libros e as lecturas.

Este ano non se enviará en papel ás casas o boletín informativo onde se recollen estas recomendacións, pero podedes consultalo no blog da biblioteca. Dende alí tedes a posibilidade de descargalo ou imprimilo se queredes telo máis a man.

Premede na imaxe para consultar o boletín en dito blog.

 

SAÍMOS NO XORNAL E NA TELE: UN COMEDOR DE 5 ESTRELAS.

No suplemento Xornal Escolar que publica o xornal LA REGIÓN cada mércores, saiu publicado este mércores, 2 de decembro, unha reportaxe sobre o noso comedor escolar, sobre as adaptacións realizadas por mor da pandemia que estamos padecendo e as opinións dos alumnos e alumnas sobre este servizo:

-- XORNAL ESCOLAR 2 DECEMBRO: UN RESTAURANTE 5 ESTRELAS 

 

Na canle de televisión TELEMIÑO, o pasado 5 de decembro, saiu tamén a reportaxe realizada a principios de curso sobre o noso comedor escolar:

OBRADOIRO DE ECOPERCUSIÓN

O pasado xoves, 3 de decembro, os alumnos e alumnas de 6º de primaria participaron en dous obradoiros (un para 6º A e outro para 6º B) sobre ECOPERCUSION. Esta actividade promovida polo Concello de Ourense ten marcados os seguintes obxecivos a acadar:

1.Achegar á percusión ao alumnado

2.Recoñecer rítmos e sonoridades 

3.Montar unha banda de ecopercusión 

4.Desenvolver as capacidades cognitivas, musicais e sociais.

O obradoiro foi impartido por Didier, profesor de percusión, empregando materias reciclados: cubos, bidóns, rolos de cartón... os rapaces e rapazas aprenderon a empregar estes materiais, técnicas de agarre e golpeo, patróns rítmicos, experimentación con distintos ritmos... 

Para os rapaces foi unha experiencia moi motivadora,divertida e ao mesmo tempo aprenderon a gozar e sentir coa música e co ritmo.

  


TALLER DE ECOPERCUSIÓN - Kizoa Movie Maker

PLAN PROXECTA: PROXECTOS DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA

O 2 de decembro saiu publicada a Resolución dos centros seleccionados para participar nos distintos programas que integran o  PLAN PROXECTA. O Plan Proxecta "é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores". 

- PLAN PROXECTA 2020-21

Dentro deste plan hai 41 tipos de programas distintos:

- PROGRAMAS PLAN PROXECTA

O noso centro foi un dos seleccionados dentro da modalidade PROXECTOS DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA:

- RESOLUCIÓN DEFINITIVA PLAN PROXECTA 2020-21

Esta modalidade de programa faise en colaboración coa Presidencia da Xunta de Galicia, concretamente coa Secretaría do Deporte Galego e a Fundación Deporte Galego:

- PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA

Para visibilizar e dar a coñecer a toda comunidade educativa as actividades que se desenvolverán dentro do programa, temos en marcha un novo blog onde xa podedes consultar a finalidade deste programa e os distintos tipos de actividades que se desenvolverán:

- BLOG: VIDA ACTIVA E SAUDABLE NO ALBINO NÚÑEZ  

25 N- DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Na entrada do colexio temos xa exposto o mural conxunto feito entre todo o alumnado do centro para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER:

Para ter máis información sobre esta conmemoración, premede na imaxe que enlazará co blog da biblioteca do centro. 

Powered by Drupal - Design by artinet