E por fin chegou o esperado día do desfile do ENTROIDO no cole.
STOP CAMBIO CLIMÁTICO FOI O TEMA ELEXIDO
POIS COA COIDADO DA NATUREZA ESTAMOS COMPROMETIDOS!!
PI, PI, COMO CONTAMINAMOS! - Unha das primeiras causas do quecemento global é a contaminación polas emisións de dióxido de carbono que danan a capa de ozono que protexe a Terra. Os medios de transporte son un dos grandes emisores destes gases…
OS DE PRIMEIRO COS SEUS COCHES ESPECTACULARES
VAN CONTAMINANDO CIDADES, ALDEAS E LUGARES
POR TODAS PARTES, RUÍDOS E POLUCIÓN,
ISO XA NON QUEREMOS, NON, NON.
CO QUECEMENTO GLOBAL, MÁIS GRANDE O VENDAVAL - Como consecuencia da expulsión de gases por parte de coches, industrias, barcos, avións… estase producindo un quentamento global da Terra que provoca que cada día en algún lugar do mundo se produzan catástofres naturais...
COMO VEÑEN OS DE SEXTO DESPOIS DO GRAN VENDAVAL,
ONDAS DE METROS, VENTOS FURACANADOS, VAIA TEMPORAL!
BORRASCAS, TREBOADAS, CICLOXÉNESES E “DANAS”,
CAUSAN PERDAS DE VIDAS E ESTRAGOS TODAS AS SEMANAS.!!
NO VERÁN VAI FRÍO, NO INVERNO VAI CALOR - As estacións tamén están cambiando, todo vai ao revés, os Polos estanse derretendo, cae sarabia ao lado do mar, nos invernos xa non xea, as sequías son terribles…
A RAPAZADA DE QUINTO NON SABE QUE ROUPA PÓR,
NO INVERNO VAI FRÍO, NO VERÁN VAI CALOR,
MIÑA NAI, QUE POÑO HOXE, CHOVERÁ OU SAIRÁ O SOL?
ABRIGO, BUFANDA, SANDALIAS, PARAUGAS OU PARASOL??
AUGAS CONTAMINADAS - Outro dos grandes problemas é a eliminación dos residuos, sobre todos dos plásticos, e a contaminación das augas. Plásticos e lixo enchen mares, ríos, lagos, regatos… provocando a súa contaminación e a morte dos animais que viven neles on nas súas ribeiras…
OS CATIVOS DE CATRO ANOS, POBRIÑOS COMO VAN,
AS AUGAS CONTAMINADAS QUE MÁGOA DAN!!
OS PESCADORES PESCAN LIXO NAS SÚAS CANAS E REDES
PLÁSTICOS E PORCALLADA NAS AUGAS VEREDES!!
ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN - Ademais dos seres humanos quenes sofren as consecuencias deste cambio climático son os animais, estamos destruíndo o seu hábitat e provocando a extinción de moitas especies...
PEQUENOS E PEQUENAS DE 5 E 3 ANOS, VEÑEN COA SÚA REINVIDICACIÓN:
QUE SE PROTEXAN AOS ANIMAIS E SE PARE A SÚA EXTINCIÓN!!
OS ICEBERGS DERRÉTESEN NOS POLOS E OS PINGÜÍNS DESAPARECEN,
OS KOALAS NAS SELVAS DE AUSTRALIA COA FORTE SEQUÍA ESMORECEN...
Paremos xa este cambio, aínda estamos a tempo de rectificar.
Na escola, na casa, na aldea e na cidade temos que empezar,
Busquemos entre todos solucións, o noso planeta hai que salvar.
Reducir, reutilizar, recuperar e reciclar xa sen tardar!!
MÁIS ENERXÍAS RENOVABLES - Estamos esgotando os recursos da Terra, temos
que utilizar outras enerxías alternativas que ademais non contaminen…
NENOS E NENAS DE TERCEIRO XA ATOPARON SOLUCIÓN,
ENERXÍAS RENOVABLES PARARÁN A POLUCIÓN!!
A ENERXÍA LIMPA DA AUGA, DO SOL E DO VENTO
UTILIZAREMOS PARA PARAR ESTE QUECEMENTO!!
DAMAS E CABALEIROS RECICLADOS - Nas nosas mans tamén están actuacións
que axuden ao noso planeta: menos consumismo, utilizar transporte público, mercar
coches eléctricos, consumir máis froitas e verduras e sobre todo reutilizar…
CABALEIROS E DAMAS DE CUARTO VAN MOI AXEITADIÑOS,
CON ROUPA REUSADA, PAPEIS E CDS, QUE BEN VESTIDIÑOS!!
MERCAR E MERCAR, TEN QUE ACABAR
REUTILIZAR E RECUPERAR, CANTO PODE AXUDAR!!!
COMANDO RECICLAXE - Outra das solucións é a da reciclaxe, darlle outra vida aos
refugallos e cousas que xa non utilizamos, con iso aforramos materias e enerxías…
QUE SOLUCIÓN NOS TRAEN OS DE SEGUNDO!!
RECUPERAR E RECICLAR PODEMOS TODO O MUNDO!!
PAPEL E CARTÓN, VIDRO E MEDICAMENTOS ,
ROUPA, PLÁSTICOS E PILAS, RECICLAREMOS A CENTOS!!
Ao rematar o noso desfile cantamos e bailamos a canción de MACACO titulada MOVING que é unha chamada para sensibilizarnos sobre o coidado do planeta Terra no que vivimos. E que di que todos xuntos podemos acadar o soño, que pequenos movementos e accións individuais ao unirse poden provocar reaccións e repercusións globais, a unión de todos pode axudar a salvar á Nai Terra.