Celebracións anuais

AS NOSAS PANXOLIÑAS

Deixámosvos aquí as panxoliñas que cantamos este ano no colexio. Premede nas imaxes para ver os vídeos

Nesta primeira canta a profe Carla con  todo o colexio  unha versión en galego da canción All I want for Christmas de Mariah Carey titulada

O ÚNICO QUE QUERO É AMOR

 

 E nesta temos aos nenos e nenas de 2º de primaria cantando a súa panxoliña Xa me tardan acompañados polo alumnado de infantil.

Menudos artistas!!!!

 

DESEXÁMOSVOS UN BO NADAL E UNHA BOA ENTRADA NO NOVO ANO!!

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

 

QUEREMOS COMPARTIR CON TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA AS POSTAIS GAÑADORAS DESTE CONCURSO DE NADAL 2021.

MOITAS GRAZAS A TOD@S @S PARTICIPANTES! 

FELICES FESTAS!

 

 

EDUCACIÓN INFANTIL:

Gala 4º Educación Infantil

 

Elián 5º Educación Infantil Grupo B

 

Mencía 6º Educación Infantil  Grupo B 

 

EDUCACIÓN PRIMARIA:

Anxo 1º  Educación Primaria Grupo B

 

Xoel 2º Educación Primaria Grupo A

 

Sofía 3º Educación Primaria Grupo B

 

Celeste 4º Educación Primaria 

 

Daniela 5º Educación Primaria Grupo B 

 

Melani 6º Educación Primaria 

25 N - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

O pasado xoves 25 de novembro conmemoramos no colexio o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Xuntámonos todos no patio e cantamos coa profe de música, Carla a canción SAÍR CORRENDO, versión en galego da canción Salir corriendo de Amaral.

Deixámosvos aquí a montaxe con fotos do día.

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

 

 

O Samaín no cole tamén sae na prensa

 

Deixámosvos aquí o recorte do periódico LA REGIÓN que se fai eco da nosa celebración do Samáin.

Preme na imaxe para vela máis grande

 

MAIOS 2021

Unha das festas típicas de Galicia, e en especial da nosa cidade, é a dos Maios, festa que se remonta á época prerromana e na que se exalta a natureza ao comezo da primavera.  Como xa sabedes, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro propuxo á  comunidade educativa a realización dun maio, pero este ano, debido á situación de pandemia pola que estamos pasando, a proposta foi algo distinta ao maio tradicional: cada neno e nena levou para a súa casa un modelo en cartolina coa forma do maio de tipo "enxebre" piramidal para adornalo libremente. A decoración foi moi variada: algúns simplemente pintados, pero a maioría cubertos con follas, flores, plantas, cascas de laranxa, bugallos, pétalos... imitando os maios tradicionais. 

Unha vez máis, moitas grazas ás familias pola colaboración prestada, neste caso ademais para seguir mantendo viva unha tradición do noso pobo e da nosa cultura. 

Ollade a seguinte presentación: 

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: A MULLER NO DEPORTE

Este curso quixemos adicar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, que se celebra cada 8 de marzo, a destacar a figura da MULLER NO DEPORTE .

Para iso, despois de realizar nas diferentes aulas carteis sobre deportistas famosas e de expoñelos nun gran panel conxunto, e  para concienciar aos nenos e ás nenas das dificultades con que se atopan tamén as mulleres no deporte, recibimos no colexio (o propio día 8) a visita de deportistas da nosa localidade, algunhas incluso antigas alumnas do noso centro. 

Para coñecer máis datos desta actividade e visualizar as imaxes da mesma, premede nos seguintes enlaces:

- Blog VIDA ACTIVA E SAUDABLE NO ALBINO NÚÑEZ 

- Blog  A BIBLIOTECA DE LIBRÍN 

CELEBRACIÓN ENTROIDO 2021

        É TEMPO DE ENTROIDO

        E QUIXEMOS TROULEAR!!

A PESARES DESTA PANDEMIA...

DISFRAZÁMONOS E BAILAMOS SEN PARAR!!

Así o fixemos o pasado venres, 12 de febreiro. Respectando as medidas de seguridade sanitaria previstas no protocolo Covid-19. Os nenos e nenas viñeron disfrazados de forma libre ao colexio, é dicir, cada un co disfrace da súa elección.

Organizouse un pequeno desfile para que todos os grupos se puidesen ver, logo cada grupo-clase bailou e trouleou, no espazo que teñen asignado para os recreos, ao ritmo de música "entroideira".

 Aínda que dun xeito diferente, foi unha xornada divertida para todos/as!!

 

Na seguinte presentación tedes unha selección de imaxes deste entroido 2021:

 

 E o noso entroido no suplemento  XORNAL ESCOLAR do xornal LA REGIÓN:

ENTROIDO 2021

Enlace á información por si queredes imprimila:

NORMAS CELEBRACIÓN ENTROIDO 2021

Powered by Drupal - Design by artinet