Curso 2020-21

MAÑÁ DE RAP

No  mes de febreiro os alumnos e as alumnas de 3º e 4º de primaria coñeceron de primeira man dúas formas diferentes de expresarnos oralmente co ritmo e a rima 

como base: se o día 22 gozaron con Pilar Mira e as 

REGUEIFAS, o día 25 fixérono co RAP.

Tradición e modernidade, con diferenzas, pero tamén con moitas similitudes: rima, ritmo, denuncia, actualidade, improvisación...

Esta vez foi o rapeiro Alan Álvarez Araújo "Alanbur" que dende os 13 anos está inmerso no mundo do HIP HOP, e ao que especialmente lle encanta o Freestyle,  o que se acercou ao noso centro para compartir unhas horas cos rapaces e rapazas e facelos pasar unha mañá divertida, na que tamén foron protagonistas ao seguir os ritmos e improvisar como lles explicou Alan. 

Para ter máis información, imaxes e vídeos sobre a actividade, premede na foto para acceder ao blog da biblioteca escolar. 

 

MAÑÁ DE REGUEIFAS NO COLE

O pasado luns, 22 de febreiro, a regueifeira PILAR MIRA visitou o noso centro para pasar unha mañá  conversando e cantando cos alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

Explicoulles o que eran as regueifas, faloulles da tradición oral galega, da arte da improvisación, dos desafíos, do humor, da retranca, do pan de molete, da composición das regueifas, das estrofas de catro versos...

E cantoulles un relato sobre o tema de maior actualidade do momento, acompañada polos rapaces e polas rapazas dos cursos mencionados, que empregaron pandeiretas e paus para seguir o ritmo.

No blog da biblioteca tedes toda a información e un vídeo con diversos momentos do canto da regueifa. (premede na imaxe)

ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2021-2022

   

(Facede clic na imaxe para acceder a toda a información)

  

CALENDARIO-RESUMO DO PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

Presentación de solicitudes de admisión  do 01 ao 22 de marzo
Publicación da lista provisional de admitidos e non admitidos  antes do 25  de abril 
Prazo de reclamación  5 días hábiles posteriores á resolución provisional 
Publicación da lista definitiva de admitidos e non   admitidos antes do 15 de maio
Prazo de formalización da matrícula  do 20 ao 30 de xuño 

 Nos seguintes enlaces podedes descargar a normativa que regula o proceso de admisión e matrícula: 

 Decreto 254/2012 polo que se regula a admisión do alumnado
 Orde do 12 de marzo de 2013 que desenvolve o Decreto 254/2012
 Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de                    marzo de 2013
 ORDE do 18 de decembro de 2020  pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.
 Zonas de influencia do CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez 

A documentación a presentar para as solicitudes de admisión é a seguinte:

Impreso de solicitude de admisión (ED550B)           

Orixinal ou copia cotexada do DNI do alumno/a (se o ten), e dos seus pais.

Orixinal ou copia cotexada do Libro de Familia.
Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos para o curso para o que solicita praza (só para alumnado de primaria).
Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio onde conste a custodia do menos, se é o caso. 
Cuestionario sobre lingua materna (só alumnado de 4º de infantil (3 anos))

* A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo. No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será exixible o previsto no parágrafo anterior.

OBRADOIRO SOBRE ILUSTRACIÓN

Os alumnos e alumnas de 4º de primaria participaron nun obradoiro patrocinado polo Concello de Ourense que versaba sobre a ilustración: "ILUSTRACIÓN: SENTIDOS E SIMPLICIDADE". 

O taller foi impartido pola ilustradora de Carballo, Laura Tova, que soubo transmitirlle aos nenos e nenas como podemos perderlle medo a un papel en branco, para, a partir da música, coa percepción dos sentidos, saber expresar as nosas emocións. 

Para saber máis detalles sobre esta actividade, premede na imaxe anterior para consultar toda a información no blog da biblioteca escolar.  

No suplemento XORNAL ESCOLAR do xornal LA REGIÓN, tamén se fixeron eco deste obradoiro:

CELEBRACIÓN ENTROIDO 2021

        É TEMPO DE ENTROIDO

        E QUIXEMOS TROULEAR!!

A PESARES DESTA PANDEMIA...

DISFRAZÁMONOS E BAILAMOS SEN PARAR!!

Así o fixemos o pasado venres, 12 de febreiro. Respectando as medidas de seguridade sanitaria previstas no protocolo Covid-19. Os nenos e nenas viñeron disfrazados de forma libre ao colexio, é dicir, cada un co disfrace da súa elección.

Organizouse un pequeno desfile para que todos os grupos se puidesen ver, logo cada grupo-clase bailou e trouleou, no espazo que teñen asignado para os recreos, ao ritmo de música "entroideira".

 Aínda que dun xeito diferente, foi unha xornada divertida para todos/as!!

 

Na seguinte presentación tedes unha selección de imaxes deste entroido 2021:

 

 E o noso entroido no suplemento  XORNAL ESCOLAR do xornal LA REGIÓN:

ENTROIDO 2021

Enlace á información por si queredes imprimila:

NORMAS CELEBRACIÓN ENTROIDO 2021

OBRADOIRO DE MÁSCARAS DO ENTROIDO OURENSÁN

Xa nos estamos achegando cara á celebración do ENTROIDO, pero este ano, por causa da situación sanitaria que padecemos, tamén teremos unha celebración algo distinta, esta semana non celebraremos a tradicional semana das ordes do Meco, aínda que esperamos disfrazarnos o vindeiro venres, 12 de febreiro. 

Pero os alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria xa participaron nun obradoiro sobre esta celebración tan arraigada no pobo galego, e particularmente no ourensán. Ao centro desprazáronse uns monitores do Concello de Ourense, entidade que patrocinaba a actividade, para realizar un obradoiro sobre AS MÁSCARAS DO ENTROIDO OURENSÁN que consistiu en dúas partes ben diferenciadas:

- Unha parte teórica: nun mapa da provincia de Ourense, os monitores fóronlles sinalando as vilas ourensáns onde se celebra esta festa de forma máis relevante, explicándolles cales eran os seus os costumes e os traxes típicos.

- Unha parte lúdica e plástica: os nenos e nenas decoraron en principio 4 das personaxes típicas do entroido ourensán: A PANTALLA DE XINZO DE LIMIA, O CIGARRÓN DE VERÍN, O BOTEIRO DE VIANA E O PELIQUEIRO DE LAZA. Finalmente tamén decoraron un BOTEIRO DE VILARIÑO DE CONSO

O principal obxectivo do obradoiro era: "contribuír a conservación das nosas tradicións dunha maneira lúdica e pedagóxica traballando distintas áreas de coñecemento como son a plástica e a pintura, a lingua galega e as ciencias sociais". 

Aos alumnos e alumnas encantoulles esta actividade que remataron adornando a porta da súa aula coa máscara dun BOTEIRO DE VIANA. 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ 2021

Un ano máis celebramos no colexio esta data tan significativa, aínda que dunha maneira un pouco diferente, ao non poder facer actos conxuntos, fóra dos grupos estables ou grupos "burbulla". 

Na clase traballáronse aqueles valores relacionados coa PAZ E A NON VIOLENCIA, con vídeos, cancións, lecturas... e todo isto reflectiuse nos traballos que se realizaron nas diferentes aulas: BRAZALETES para lucir estes días nos brazos con lemas, palabras e frases alusivas a esta conmemoración. Tamén se fixeron MUÍÑOS DE PAPEL e cartolina que se decoraron tamén con frases, palabras e debuxos e que logo se "plantaron" en macetas e noutros recipientes para decorar con eles corredores e ventás. 


 

BASKET AND ENGLISH

Dende o pasado mes de novembro os alumnos e alumnas de 2º A e de 2º B participan na actividade promovida polo Concello de Ourense: BASKET AND ENGLISH. A actividade realízase cada xoves despois da hora de xantar, rotando os dous grupos, é dicir, un xoves realiza a mesma 2º A e,  o xoves seguinte faino 2º B. 

É unha actividade moi completa na que se desenvolven hábitos saudables, o movemento e o exercicio son básicos na mesma, ademais, os pequenos e pequenas aprenden a xogar en equipo, respectar aos demais segundo as regras deste deporte e practican ao mesmo tempo o idioma inglés, xa que a actividade é impartida por WILLIE LADSON, nativo americano e xogador profesional de baloncesto, que se dirixe a eles en inglés. 

Os nenos e nenas están moi contentos con esta actividade que se prolongará ao longo de todo o curso, ata o mes de maio. O pasado 20 de xaneiro saiu na edición impresa do XORNAL ESCOLAR do xornal LA REGIÓN unha reportaxe sobre a actividade no noso centro e tamén na emisión da televisión local de TELEMIÑO, aínda que a gravación xa foi efectuada no pasado mes de novembro, cando os pequenos estaban empezando a practicala.

Neste enlace podedes consultar máis información sobre a actividade:

- CONCELLO DE OURENSE: BASKET AND ENGLISH

 

 

 

ENCONTRO CON ANTÍA YÁÑEZ

Un ano máis participamos na actividade ENCONTROS CO AUTOR/A, que promove o Concello de Ourense, co fin de poñer en contacto aos alumnos e alumnas cos escritores e/ou escritoras e, que coñezan de primeira man a súa obra. 

Este curso, debido ás medidas sanitarias que xa todos coñecedes, foi a propia autora a que se desprazou ata o noso centro para charlar cos rapaces e coas rapazas de 5º de primaria,  grupo ao que vai destinada esta actividade.

O encontro coa xove escritora ANTÍA YÁÑEZ, tivo lugar o pasado venres, 22 de xaneiro, na aula de 5º. Previamente os alumnos e alumnas xa leran un libro da autora, concretamente: PLAN DE RESCATE. 

Para coñecer mellor como resultou esta actividade, premede na imaxe que vos enlazará co blog da biblioteca onde se explica máis detalladamente. 

Powered by Drupal - Design by artinet