Curso 2016-17

OLLO AO REFRÁN!!!

Recordades que que fai uns meses solicitamos a colaboración de todas as familias para facer unha recollida de refráns e ditos sobre o tempo?. Pois xa temos aquí o resultado desta recolleita: refráns sobre a influencia que o tempo atmosférico ten na vida, nas colleitas, na roupa que debemos poñer, prediccións sobre o tempo que fará...

Os nenos e nenas estiveron ilustrando cada un dos refráns que recolleron preguntando aos seus pais, avós, veciños... Unha vez rematados, e coincidindo coa celebración do Día Mundial da Meteoroloxía (23 de marzo), con eles fixemos unha exposición na entrada do colexio que invitamos a todos a visitar.

Queremos aproveitar para dar as grazas a todas as familias pola súa colaboración.

Podedes velos na seguinte presentación (baixadando e subindo a barra lateral):

 

METEORÓLOGOS POR UN DÍA

Este martes, 21 de marzo, os nenos e nenas de 5º e 6º tivemos a gran privilexio de visitar as instalacións de Meteogalicia en Santiago. Sentímonos meteorólogos por un día. 

Comezamos a mañá co lanzamento dunha radiosondaxe ata a estratosfera. Os expertos explicáronnos que deste xeito controlaban o estado da atmosfera (humidade, presión, intensidade e dirección do vento, e temperatura) nas diferentes estacións do ano. Vimos a través dunha cámara Go-pro ata onde chegou a sonda e como unha vez que a presión exterior era moi elevada, estoupaba e caía cun paracaídas. Foi impresionante!

Continuamos visitando a sala de predición operativa dende onde controlan o estado do tempo en diferentes puntos de Galicia (tanto en superficie como no mar) e fan as predicións para os diferentes medios de comunicación.

Tamén tivemos a sorte de aprender máis sobre o ciclo da auga e os tipos de nubes que existen, e déronnos consellos para actuar en caso de treboadas con aparello eléctrico.

Para rematar a nosa visita a Meteogalicia, outro experto explicounos a función e uso de diferentes aparellos meteorolóxicos; así como o funcionamento das diferentes estacións meteorolóxicas de Galicia. 

 

 

 

 

Despois de todo o que aprenderamos sobre a meteoroloxía, aínda nos quedaron gañas de coñecer un pouquiño a capital de Galicia. Achegámonos ata a praza de praterías e visitamos por dentro a catedral, onde o profe Pepe fixo de guía, explicándonos curiosidades sobre a súa historia. 

 

 

 

Para rematar a nosa pequena aventura, e despois de xantar na tradicional Alameda aproveitando os arelados raios de sol, comezamos un pequeno recorrido polo casco antigo. Así, entre peregrino e peregrino, chegamos á praza do obradoiro para pór fin á nosa viaxe.

Voltamos todos moi contentos e con ganas de repetir! 

 

xxnsitdjww

23-03-2017 DÍA METEREOLÓXICO MUNDIAL: ENTENDENDO AS NUBES | CEIP PLURILINGÜE PROFESOR ALBINO NÚÑEZ
[url=http://www.g7sah5o9um2j3q003b20nz0mi668u54vs.org/]uxxnsitdjww[/url]
xxnsitdjww http://www.g7sah5o9um2j3q003b20nz0mi668u54vs.org/
axxnsitdjww

CONCERTO DIDÁCTICO: A MARABILLOSA HISTORIA DO VIOLÍN TROMPETA

O luns, 20 de marzo, alumnos e alumnas de 5º e 6º de educación primaria acudiron ao Auditorio Municipal de Ourense para presenciar o concerto didáctico:  A MARABILLOSA HISTORIA DO VIOLÍN TROMPETA.

Neste concerto realizado polo grupo FETÉN FETÉN, singular grupo instrumental composto por Diego Galaz e Jorge Arribas, "os pequenos abrirán as ás para voaren ao mundo da música. Os dous extraordinarios músicos de Fetén Fetén ensinaranlles insólitos instrumentos que recrearán culturas, cidades ou mesmo animais. Con eles aprenderán ritmos, timbres e sonoridades diferentes, ao tempo que liberarán a creatividade para compor na súa testa a mellor das melodías!" (sinopse extraída da páxina oficial de actividades para escolares de  AFUNDACIÓN).

Premede nas seguintes imaxes para obter máis información sobre o concerto no blog das Aulas Abalar do centro:

 
  

SAÚDE BUCODENTAL

Un dos obxectivos que traballamos no centro, a través de diversas actuacións, está o de promover no noso alumnado un estilo de vida saudable. Enmarcado dentre este obxectivo, o pasado 10 de marzo os alumnos e alumnas de Ed. Infantil e de 2º de primaria participaron nunha charla interactiva sobre a saúde bucodental. Xa todos sabemos da importancia de inculcar nos nenos, dende os primeiros anos, o hábito do coidado da boca cunha boa limpeza diaria, con revisións periódicas e asociado a unha alimentación saudable con consumo limitado de lambetadas, bollería, bebidas azucradas...

A charla foi impartida por Patricia, unha técnica do Concello de Ourense, que lles falou primeiro aos pequenos de infantil, da importancia de cepillarse os dentes, do correcto uso do cepillo e da pasta, da necesidade de visitar ao dentista de forma regular... tamén fixo intervir aos pequenos preguntándolles sobre os seus hábitos de limpeza, as súas visitas ao dentista...

Na charla dirixida aos rapaces e rapazas de 2º de primaria, ademais explicoulles máis detalladamente os cambios na dentición de nenos a adultos, as funcións dos nosos dentes, as distintas partes que os forman, a carie e o que produce na nosa dentadura, o cepillado e a pasta de dentes... Logo tamén mantivo un pequeno coloquio cos nenos e estes fixeron preguntas e comentarios sobre o tema. 

 

Ao rematar a sesión cos máis pequenos, que mellor que ver a Pepa Pig cuando vai ao dentista??

 

O luns 13 de marzo foron os alumnos e alumnas de 3º e 6º de primaria os que recibiron tamén unha charla sobre este mesmo tema: "Coidando a miña boca: iniciando os coidados bucais" é o título da charla que promovida pola Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Ourense lles foi impartida aos nenos de 3º e "Coidando a miña boca: mantemento dunha boca sa e prevención" a dirixida ao alumnado de 6º. Concienciar ao alumnado da importancia dunha correcta hixiene bucal e da mellora doutros hábitos e dos coñecementos relacionados coa saúde bucal sforon os obxectivos básicos das dúas. 

Deixamos tamén un acceso á páxina da Xunta de Galicia SENCARIE onde os nenos poden acceder a xogos e información relacionados coa saúde bucodental:

VISITA DO SEPRONA 2017

Un ano máis recibimos a visita de membros do SEPRONA (Servizo de Protección da Natureza), especialidade da Guardia Civil que se encargar da protección do medio natural e dos seus recursos. Esta visita, enmarcada dentro do programa de VOZ NATURA que se leva a cabo no centro, ten como obxectivo concienciar aos nenos e nenas da importancia de coidar a natureza.

Foi destinada aos alumnos e alumnas de educación infantil e primeiro de primaria. Nesta ocasión a actividade foi principalmente lúdica, dous membros encargados deste servizo explicáronlles brevemente en que consistía o seu traballo. Logo os nenos e nenas probaron as motos, coches, e aparellos que empregan os axentes no seu labor diario.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Premendo no seguinte enlace teredes máis información e fotos sobre a actividade que resultou motivadora e divertida para os alumnos e alumnas:

BLOG VOZ NATURA 

OS BOLECHAS NO COLE

O pasado 16 de febreiro estivo BRAULIO, un dos personaxes dos BOLECHAS, connosco no cole gravando un programa para a Televisión de Galicia. O programa que versaba sobre o entroido, forma parte da serie BRAULIOTUBER (https://osbolechas.gal/brauliotuber/ceip-albino-nunez.php). Xa podedes ver o vídeo que realizaron no noso centro cos nenos e nenas de 3º de primaria, que lle contaron a Braulio como celebramos o entroido no cole e de que ían disfrazarse. 

Foi unha experiencia moi especial para os pequenos que ademais de vivir en directo como se grava un programa de televisión, pasarono xenial con BRAULIO ao que lle pediron que volvese outro día co seu can CHISPA.

No seguinte vídeo podedes ver diferentes momentos durante a gravación do programa.  

 

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

 

Dentro do PROXECTO METEOESCOLAS, convocamos o I Concurso “Fotografía a meteoroloxía” co obxectivo de que observedes a beleza da natureza.

Ollade o ceo, collede a vosa cámara ou teléfono e capturade os distintos meteoros da vosa contorna!

 BASES

1º As fotografías deberán amosar os distintos metoros propios do noso clima: nubes, néboa, sarabia, chuvia, neve, arco da vella, treboadas etc.

2º Poderá participar todo o alumnado do centro, dende 4º de infantil ata 6º de primaria.

3º Cada autor só poderá presentar unha fotografía, tomada con cámara ou móbil e que deberá ser impresa en formato 13x18cm.

4º As fotografías entregaranse na conserxería do centro dende o 21 de decembro de 2016 ata o 21 de abril de 2017.

5º Cada autor entregará a fotografía con dous sobres que proporcionará o centro:

Sobre grande: Conterá a fotografía impresa co pseudónimo do autor/a e o título da fotografía no envés. No sobre escribirase o pseudónimo do autor/a, sen que apareza ningún dato persoal.

Sobre pequeno (que se introducirá no sobre grande): Conterá un papel cos datos persoais do autor/a (nome e apelidos, curso, pseudónimo, título da fotografía).

6º Entre todas as fotografías recibidas o xurado elixirá as tres mellores que recibirán un premio. O 1º premio para a máis valorada será unha CÁMARA GO-PRO.

7º Ao final de curso, con todas as fotografías participantes no concurso farase unha exposición sobre a meteoroloxía no centro.

 

 

 

                                      PARTICIPA!!

 

No seguinte enlace podedes descargar as bases do concurso:

1º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: BASES

 

 

 

 

ENTROIDO 2017

 Pero que pasou este ano no entroido?? 

Parece que todos os meteoros se conxuraron para aparecer xuntos... e desfilaron...

Con coroas douradas, soles radiantes ... relucían como brillantes!!

Albiscábanse nubes polo horizonte... unhas tapando o sol, outras o monte!!

Foron chegando as pingas saltarinas ...  xa se escoitaba a choiva "cantarina"!!

Máis o raio e o trono feroz ... quixeron deixar ouvir a súa potente voz!!

O arco da vella apareceu sorprendido ... a poñer paz con tanta colorido!!

Non faltaron as folerpas abrancazadas... co frío quixeron vir abrazadas!!

E chegou revolto o vento norte... que só resistiu o máis forte!!

 

 

 

ENTROIDO 2017: AS ORDES DO MECO

Como ven sendo habitual no noso centro, un ano máis na semana previa ao entroido os nenos e nenas foron moi obedientes seguindo as ordes que o noso meco nos daba cada día:

1º DÍA: CALCETÍNS DESIGUAIS, CHAMATIVOS, DE CORES, LUCINDO POR RIBA DA ROUPA... COMEZAMOS A TROULA!! 

2º DÍA: SEGUIMOS CON GRAVATAS, LAZOS, COLARES... E QUE LUZAN COS ANDARES!!!

3º DÍA: NA CABEZA POÑEMOS PERRUCAS, GORROS, ANTENAS, SOMBREIROS DE FESTA ... TODO VALE CON TAL DE TAPAR A TESTA!!!

  

4º DÍA: VOLANTES OU TIRANTES... TI VERÁS COMO TE ATOPAS MÁIS ELEGANTE!!!

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet