Como complemento ao programa que estamos a desenvolver no colexio CANDO XOGO... EN GALEGO!!, este martes, 19 de abril, celebraremos unha xornada adicada ao deporte. Ao longo da mesma os nenos e nenas participarán en distintas probas e asistirán a pequenas charlas sobre dous dos deportes máis coñecidos e practicados por eles: o fútbol sala e o atletismo. Este día contaremos coa colaboración do OURENSE C.F., OURENSE-ENVIALIA F.S. FEMININO e o CLUBE ATLETAS VETERANOS DE OURENSE. Remataremos a xornada coa entrega de medallas conmemorativas a todo o alumnado. Esperemos que o tempo nos acompañe neste día!!
Este é o programa da xornada: