O pasado 29 de marzo, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria acudiron ao Auditorio Municipal para presenciar unha nova obra teatral. Esta vez tratábase de "BON APPÉTIT", obra posta en escena polo grupo "TEATRO DOS GHAZAFELLOS" e patrocinada pola obra social de AFundación. A obra é unha mistura de teatro, música, monicreques e un texto de enredo con moito xogo de palabras que fixo pasar un rato moi divertido a todos os nenos e nenas.
Comedia en clave de clown onde tres chefs «franceses» tentarán mostrar os segredos da cociña galega, seguindo o prestixioso libro de receitas escrito por Álvaro Cunqueiro, A Cociña Galega: «A cociña é arte, a expresión cultural que un pobo desenvolve ao longo do tempo». Cunha posta en escena colorista, estes personaxes enganchan @s nen@s desde o primeiro momento, facéndoos partícipes das desventuras, malos entendidos e solucións para cada prato. (Senopse extraída da páxina oficial de AFundación).