O horto dos amigos de Cardio

TRABALLANDO NO HORTO: AS NABIZAS E MOITO MÁIS...

Ademais de observar e aprender cousas sobre as nabizas e os grelos, sementamos algunhas leitugas. Tamén puxemos millo nun comedeiro para paxaros. Buscamos cores de outono e recordamos como se din en inglés (brown, red, orange, green, yellow...), a practicar o plurilingüismo ...!

TRABALLANDO NO HORTO: SEMENTAMOS REPOLOS E... ALEGRÍAS!

Ademais recollemos produtos da horta (pementos, tomates...) para o banco de alimentos. Comprobamos as follas das acelgas (sas e enfermas), algunhas estaban queimadas ou comidas polos inimigos das plantas.Tamén plantamos carabuñas de pexegos e alegrías, flores de cores vistosas, que imos coidar e logo levar para a casa.

TRABALLANDO NO HORTO: PLANTAMOS PEXEGOS E RECOLLEMOS FROITOS

A semana pasada xa comezamos o traballo no noso horto, observamos o que quedaba das colleitas (que xa foran recollidas no verán e repartidas entre as familias máis necesitadas) e probamos os tomates que aínda quedaban. Esta semana empezamos co traballo forte: plantar pexegos (un excelente amigo de Cardio), begonias para o noso xardín dos sentidos e recollemos froitos...

(Preme na primeira imaxe e coñecerás os beneficios dos pexegos e doutros froitos...)

TRABALLANDO NO HORTO: RECOLLEMOS PATACAS E PROTEXEMOS O HORTO

Esta semana xa comezamos a recoller a nosa colleita de patacas, menudos exemplares!! Tamén tivemos que protexer o horto dos caracois invasores... menudas trampas lles puxemos...

 Fai click na primeira imaxe e verás a variedade de trucos para combater aos caracois...

TRABALLANDO NO HORTO: PLANTAMOS XUDÍAS

Esta semana no horto sementamos xudías:

Na clase sempre completamos o traballo que fixemos no horto coa realización de fichas sobre o tema:

TRABALLANDO NO HORTO: OBSERVAMOS E REGAMOS

Esta semana o traballo no horto foi un pouco máis relaxado... primeiro observamos como ía a nosa colleita...

Logo, despois de escoitar ben como tiñamos que facer, aprendemos a regar...

TRABALLANDO NO HORTO: PLANTAMOS SANDÍAS

Ademais de sementar sandías... xa nos enteramos de porqué non saían os chícharos que plantamos hai dúas semanas. Pulsade na ficha se queredes saber o que pasou, coñeceredes ademais moitas cousas sobre a sandía...

Beneficios da sandía

Tamén comezamos a actividade "Escola ponte guapa!": plantamos surfinias. 

TRABALLANDO NO HORTO: PLANTAMOS CEBOLAS

Esta semana aprendemos a plantar cebolas de dúas maneiras distintas... sabedes como?

 Xa probamos os amorodos...  que ricos están ...!

 

TRABALLANDO NO HORTO: PLANTAMOS CHÍCHAROS

Este foi o traballo desta semana no horto dos amigos de Cardio:

 

  

 

 Tamén observamos como van medrando as patacas, os repolos, os amorodos...

TRABALLANDO NO HORTO: PLANTAMOS LEITUGAS

Plantamos leitugas e "Cardio" explicounos todas as súas propiedades e beneficios. Preme na imaxe e verás o que nos ensinou.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet