Convidámosvos a todos a asistir á función de Nadal que realizaremos o vindeiro venres 20 de decembro ás 10:30 h. Esperámosvos!!! Este é o programa das diferentes actuacións:
Convidámosvos a todos a asistir á función de Nadal que realizaremos o vindeiro venres 20 de decembro ás 10:30 h. Esperámosvos!!! Este é o programa das diferentes actuacións:
Así celebramos o NADAL no cole:
1- Adornamos a entrada, aulas e corredores.
2- Decoramos as portas con motivos propios destas datas.
3- Escribimos as nosas felicitacións de NADAL.
4- Na biblioteca realizamos o xa tradicional obradoiro de NADAL.
5- Visitamos aos maiores do Centro Residencial de San Amaro e cantámoslles os Reis.
6- Recibimos a visita de Papá Noel.
7- Tamén nos viñeron ver os Reis Magos aos que lles entregaron as súas cartas os máis pequenos do cole.
8- Rematamos coa celebración do tamén tradicional FESTIVAL de NADAL, onde todos os nenos e nenas demostraron as súas dotes como artistas.
(Se premedes en cada número da imaxe superior poderedes ver unha presentación de imaxes de cada actividade realizada).
Convidámosvos a todos a asistir á función de Nadal que realizaremos o vindeiro venres 21 de decembro ás 10:30 h. Esperámosvos!!! Este é o programa das diferentes actuacións:
Premede no botón vermello de cada "post-it" para acceder ás distintas presentacións
NO XORNAL "LA REGIÓN" SAIU UNHA REPORTAXE SOBRE AS ACTUACIÓNS DO NOSO FESTIVAL DE NADAL:
Como xa todos sabedes, no presente curso estamos a desenvolver o proxecto: "AUGA, PEDRA, SABEDORÍA E TERRA". Dado que estamos promovendo os encontros interxeracionais, gustaríanos contar coa vosa axuda na seguinte actividade de Nadal. O traballo consiste en poñer nun bóla unha foto do neno/a ou da familia relacionado co Nadal, e decorar a bóla. Podedes utilizar calquera tipo de material:
lapis de cores e ceras | papeis de cores | pastas |
plastilina | legumes | botóns |
témperas | papeis de revistas e xornais | teas |
purpurina | pompóns | lazos e cintas |
As bólas utilizaranse para decorar a entrada do colexio. Agradecemos que veñan recortadas e co nome do alumno/a por detrás. Grazas de antemán a todos pola vosa colaboración. A data tope para entregar os traballos é o 4 de decembro.
No seguinte enlace podedes descargar o modelo de bóla:
- Modelo bóla para decorar cunha foto familiar de Nadal
PREME EN CADA UNHA DAS IMAXES PARA VER UNHA PEQUENA MOSTRA DO TRABALLO REALIZADO EN TORNO Á FESTIVIDADE DO NADAL.
E o esperado FESTIVAL DE NADAL, coma todos os anos, os alumnos e alumnas, dende infantil ata primaria, mostraron as súas dotes artísticas, aquí tedes o programa:
E as diferentes actuacións:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |