Curso 2018-19

VI APADRIÑAMENTO LECTOR

Con motivo da celebración o 23 de abril do DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR o Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar organizou o VI APADRIÑAMENTO LECTOR. Esta actividade que tanto gusta a todo o alumnado do cole, tivo que celebrarse este luns día 29 de abril por culpa do mal tempo, xa que ao contar o centro con moitos espazos exteriores resulta máis motivador e gozoso realizalo ao aire libre. 

Se premedes nas imaxes veredes no blog do equipo de biblioteca todas as fotos desta actividade e doutras que se celebraron ao longo da semana do libro:

NOVAS SOBRE O TEMPO ATMOSFÉRICO

Unha das actividades que levamos a cabo este curso dentro do noso proxecto de METEOESCOLAS é o de recoller aquelas novas que sobre o tempo e o clima saen nos xornais ao longo de cada semana. Deste xeito, por un lado, fomentamos a lectura dos xornais e o alumnado vaise familiarizando coas distintas seccións dun xornal e por outro, imos afondando no estudo do clima como un dos factores máis importantes da vida terrestre: porque determina a forma de vida de animais e plantas e inflúe en todas as actividades e hábitos da vida humana (dende o tipo de vivenda, a roupa que usa, os alimentos que consume, as ocupacións económicas ás que se dedica...). 

Estas novas colócanse nun panel na entrada do centro onde podedes cada semana consultar a información relevante que sobre o clima saíu nos xornais. Na seguinte presentación tedes unha mostra de diferentes paneis xa expostos e dalgunhas das novas:

 

العناية بالبشرة

قناع وجه

فيتامين سي

فوائد فيتامين سي للبشرة

تساقط الشعر

A FÓRMULA DAS EMOCIÓNS

Un interesante e moi divertido taller sobre as emocións tivo lugar no salón de actos do centro o pasado 12 de abril. A importancia da intelixencia emocional medra día a día, coñecer as nosas emocións, saber xestionalas, sentir empatía polos demais e mellorar as relacións interpersoais considéranse pilares básicos na formación da persoa e a clave para manter o equilibrio e a harmonía. 

Para coñecer máis sobre este taller e ver a galería de fotos picade na imaxe para acceder ao blog da biblioteca escolar:

III CONCURSO FOTOGRAFÍA A METEOROLOXÍA: A PRIMAVERA

Deixámosvos as bases da terceira parte do III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA A METEOROLOXÍA, esta vez queremos que nos entreguedes fotografías onde se reflicta A PRIMAVERA. Animádevos, agardamos polas vosas fotos!!!

 

CAMPAMENTO DE VERÁN

A Asociación de Nais e Pais do noso centro comunícanos que ata o 16 de maio permanecerá aberto o prazo de inscrición para o campamento de verán que, de haber o número suficente de inscritos, realizaríase no colexio do 24 de xuño ao 31 de xullo.

Podedes consultar toda a información no seguinte póster:

 

No seguinte enlace podedes descargar a ficha de inscrición: CAMPAMENTO DE VERÁN 2019

O HORTO DOS AMIGOS DE CARDIO

Mirade que bos repolos recollemos no noso horto escolar!! Como xa sabedes, a maioría das novas sobre o horto escolar e o proxecto de Voz Natura están recollidos no blog de VOZ NATURA: "ENTRE SALGUEIROS, BIDUEIROS E CARBALLOS". Con esta pequena nova queremos recordarvos que non deixes de consultar dito blog. Premede na imaxe para acceder ao mesmo:

 
   

TALLERES PLAY ENERGY

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria participaron o 12 de abril nuns talleres sobre enerxía chamados PLAY ENERGY patrocinados por ENDESA co fin de poñer aos nenos en contacto co mundo da enerxía. 

O seu obxectivo é o de ampliar o coñecemento que eles teñen sobre a enerxía e fomentar un uso eficiente e racional, así como que coñezan hábitos e actitudes orientadas á eficiencia enerxética e a sosteñibilidade. 

Estes talleres comezaron cunha parte máis teórica onde unha técnica de Endesa lles falou primeiramente dos diferentes elementos da natureza que podemos transformar en enerxía, logo de cales destas fontes enerxéticas son renovables ou non, dos procesos para liberar a enerxía destes elementos, tipos e consumos dos diferentes aparellos eléctricos... e tamén da importancia do aforro enerxético.

Logo o taller pasou a ser máis práctico e divertido, os nenos e nenas realizaron catro experimentos sobre como se empregan as diferentes formas de enerxía para obter electricidade: vehículos e barcos de propulsión eólica, vehículos híbridos solares-dinamo, xiroscopios luminosos... Tamén tiveron que clasificar os diferentes aparellos dunha casa segundo o seu consumo.

Finalmente aprenderon o importante que é tamén o aforro enerxético para perservar o medio ambiente. Empregar bombillas led, non deixar luces prendidas, ducharse en vez de bañarse, apagar os aparellos electricos e non deixalos en repouso... son pequenos xestos que debemos facer nas nosas casas para contribuír entre todos a sosteñibilidade do planeta. 

 

 

CONTACONTOS: MARTÍN E O LAPISEIRO MÁXICO

O 8 de abril volvemos contar coa presencia de SABELA GAGO no noso centro, como xa sabedes Sabela é unha estupenda actriz, compoñente do grupo de teatro Sarabela e tamén unha maravillosa contadora de historias.  As súas sesións de contacontos  sempre deixan engaiolados a todos os nenos e nenas, neste caso aos máis pequenos do cole: a todo o alumnado de Educación Infantil. 

Esta vez contoulles a historia de MARTÍN E O LAPISEIRO MÁXICO, e con Martiño e o seu lapis foron imaxinando e vivindo diferentes situacións, emocións e interactuando continuamente con Sabela que  sempre sabe provocar o seu sorriso, a súa alegría e as súas gañas de disfrutar, de moverse e de "soltar" esa gran enerxía que teñen no seu interior. Grazas unha vez máis a Sabela por esta hora tan estupenda que nos fixo pasar!!!

 

 

TEATRO: EU COCIÑO, TI COCIÑAS?

O 8 de abril os pequenos e pequenas de 1º e 2º de Educación Primaria acudiron ao Auditorio Municipal para presenciar o espectáculo: EU COCIÑO, TI COCIÑAS? de MAMÁ CABRA, espectáculo promovido pola obra social de AFundación e no que a música e a alimentación saudable son os protagonistas.

"Con esta nova montaxe, Mamá Cabra volve sorprender e enganchar a rapazada aos seus pegadizos sons e a unha historia onde a cociña é a protagonista. Unha proposta innovadora, onde a alimentación saudable se converte no medio perfecto para traballar novos aspectos curriculares.

Timoteo cambiou o seu quiosco por un restaurante que se chama COKI, xa que estaba preocupado porque os nenos e nenas comeran saudable. Ata fixo un blog para dar a coñecer as súas receitas con ingredientes moi especiais: sorrisos de mamá, empanadillas con amor... digo con xamón!, viaxes de papar e xogar, aventuras de piratas... Timoteo di que cociñando podemos percorrer o mundo e facer novas amizades". (Senopse extraída da páxina web de AFundación).

Recordamos que Mamá Cabra é un grupo musical galego adicado ao público infantil e formado por músicos que tocan de todo: batería, percusión tradicional, frautas e gaitas, baixo ecléctrico, acordeón, guitarra eléctrica e voz. 

Os seus espectáculos musicais son moi participativos e a súa música é divertida e incorpora valores didácticos, como a adquisición de hábitos saudables, ou o desenvolvemento das capacidades psicomotrices a través do baile e os movementos coordinados. Os ritmos modernos (rock, pop, funk…) dotan a Mamá Cabra dun especial atractivo que encanta non só aos nenos e nenas, senón tamén a toda a familia. 

 

TI RECICLAS, OURENSE GAÑA

A sensibilización cara o coidado do medio ambiente é un dos valores que tratamos de fomentar no noso alumnado a través do noso proxecto de Voz Natura, do coidado da horta escolar e a través de diferentes actividades como a que tivo lugar o pasado 1 de abril no colexio: "TI RECICLAS, OURENSE GAÑA", actividade promovida polo Concello de Ourense co fin de "contribuír á reducción da emisión de gases e do efecto invernadoiro e en especial reducir a pegada ecolóxica, comezando dende o ambiente escolar"

Nunha charla impartida por un técnico en medio ambiente aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria, este faloulles do aumento da xeración de residuos debido ao incremento do consumismo da poboación e do número de embalaxes que se empregan na comercialización de productos ( papel, cartón, vidro, plásticos, metais,...) e polo emprego de envases de usar e tirar. Toda esta situación provoca un crecemento contínuo no volume de refugallos xerados por habitante e o conseguinte impacto medioambiental. Para contribuír dende a escola e dende os fogares á redución dos residuos, o técnico explicoulles a "REGRA DOS 3 ERRES" (reducir, reutilizar e reciclar) e deulles unha serie de nomas e consellos que todos debemos poñer en práctica, xa que tamén é a nosa responsabilidade contribuír coas nosas accións á reducir o impacto no medio ambiente.

 
 
Deixámosvos dous enlaces moi interesantes, o primeiro con consellos sobre o aforro e redución de recursos elaborado por SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente) e o segundo unha unidade sobre os 3 ERRES:
 
 

Powered by Drupal - Design by artinet