Curso 2016-17

A BIBLIOTECA NO PATIO

O equipo que se encarga da biblioteca do centro acordou levar un "anaco" da biblioteca aos patios de recreo como unha actividade máis de animación á lectura. Aínda que nos recreos sempre permanece aberta a biblioteca para que os nenos acodan a ler, a facer uso do préstamos de libros, a preparar traballos, buscar información... esta iniciativa do mencionado equipo dinamizador pretende acercar aínda máis os libros e a lectura a todos os nenos e nenas. Como temos dúas zonas de patios diferenciadas, patio de infantil e patio de primaria, son dúas as accións que puxeron en marcha:

- BIBLIOPATIO: un carriño cheo de libros para os pequenos de infantil e levado todos os días na hora de recreo por dous/dúas axudantes da biblio. A iniciativa está a ser un éxito e os nenos axiñan acoden a coller un libro do carro e póñense a ler en calquera recuncho do patio.

 

 

 

- QUIOSCO DE PRENSA: aproveitando o antigo quiosco de prensa que está instalado no patio traseiro, cada mércores, tamén dous axudantes da biblioteca abren o quiosco e atenden as peticións dos nenos que poden coller diversos tipos de revistas. A actividade, que comezou o pasado mércores, tamén resultou todo un éxito no seu primeiro día, esperamos que o siga sendo e que este primeiro paso de acercamento dun xeito lúdico e divertido, os anime a acudir maís a miúdo á biblio e mellorar os seus hábitos de lectura.  

 

MAIOS 2017

Por iniciativa da ANPA, este ano participamos na tradicional festa dos MAIOS que se celebrou na cidade de Ourense o pasado domingo, 7 de maio.

Nais e pais da asociación realizaron un primeiro maio na categoría de "maio artístico": "A BARQUIÑA". Na categoría de "maio tradicional" realizaron outro no que colaboraron os nenos e nenas da ECOPATRULLA: "O PIRULIÑO DAS ECOMAÑÁS". 

Ademais o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria realizou nas aulas as tradicionais coplas que acompañan os maios e que fan referencia aos acontecementos do ano.  

 

Ao longo da xornada, nenos e nenas do cole acompañados polas súas familias acudiron a ver os maios do cole e colaboraron no canto das coplas:

 

Na edición impresa do xornal LA REGIÓN do luns 8 de maio, nunha reportaxe sobre a celebración dos maios, como non, aparecen as fotografías dos dous maios.

 

Tamén no blog do proxecto de VOZ NATURA deste curso "Reciclamos lixo co mellor sorriso" podedes ver máis imaxes e información sobre esta actividade.Premede no seguinte enlace: 

 - FIXEMOS OS NOSOS MAIOS 

ACTIVIDADES AULAS ABALAR

Deixamos aquí a reseña de dúas actividades realizadas no mes de abril por alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria e das que podedes obter máis información no blog das Aulas Abalar:

- A primeira foi unha charla impartida ao alumnado de 6º de primaria pola periodista de LA VOZ DE GALICIA, Fina Ulloa. 

A charla estaba enmarcada dentro do programa Prensa-Escuela:

"Prensa-escuela" é unha aposta de La Voz de Galicia, cabeceira líder da prensa galega e cuarta no ámbito nacional, para que o xornal chegue á escola e se converta nun elemento pedagógico no proceso de aprendizaxe dos alumnos. O obxectivo do programa, que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, é axudar aos escolares a desenvolver o seu sentido crítico a través da prensa, ofrecerlles un libro de texto sempre actualizado e, de forma complementaria, fomentar o uso das novas tecnoloxías nas aulas". (sinopse extraída da páxina web do programa Prensa-Escuela)

Ao rematar a charla, a periodista redactou con eles a nova da súa visita ao cole e subiuna á edición dixital do xornal LA VOZ DE GALICIA, e ao momento, os alumnos xa puideron vela nos seus ordenadores:

- CON LA PRENSA EN LA ESCUELA 

Unha pequena reseña da nova saiu tamén na edición impresa do xornal o día 20 de abril:

- A segunda das actividades foi unha sesión de contacontos, enmarcada dentro da semana do libro que se celebrou no centro. Foi realizada o pasado 28 de abril para os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria por Nati "Natillas" Borrajo, actriz do grupo de teatro Sarabela, que coa súa experiencia soubo captar a atención e o interese dos nenos e nenas. 

 


(Premede na imaxe para acceder ao blog das Aulas Abalar)

SEMANA DA SAÚDE 2017

Xa temos aquí as actividades realizadas ao longo da SEMANA DA SAÚDE (do 3 ao 7 de abril de 2017), enmarcada dentro do PROGRAMA SI! (Saúde Integral). Comezamos o primeiro día coa visita de CARDIO que nos animou coma sempre a seguir un estilo de vida saudable. Despois realizáronse múltiples actividades co obxectivo común de mellorar os nosos hábitos de vida.

Os alumnos e alumnas de educación infantil realizaron un obradoiro por curso, en cambio os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º, ao longo da semana, realizaron dous obradoiros cada curso.

As actividades da semana continuaron ademais coas seguintes: visita por parte dos pequenos de 6º de infantil ás instalacións de FRUNATUR, o 27 de abril. E o 4 de maio, houbo dúas sesións de contacontos: unha para o alumnado de infantil e outra para o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º, finalizando así dunha maneira divertida e ao mesmo tempo, moi saudable, todas estas celebracións.

Na seguinte presentación deixámosvos unha mostra de cada unha delas, premede en cada imaxe para acceder ao seu contido. 

 

 
 
    
     

 (Premede nas imaxes para saber máis de cada unha delas)

IV APADRIÑAMENTO LECTOR

Un ano máis, e xa van catro, o Equipo da Biblioteca Escolar organizou, con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, a actividade denominada APADRIÑAMENTO LECTOR e que tan bo acollida ten sempre entre os alumnos e alumnas. Esta é unha das actividades que teñen programadas con motivo da citada celebración e que se completarán ao longo desta e da vindeira semana con sesións de contacontos con KAMISHIBAI, obradoiro de marcapáxinas, coa novedosa actividade chamada BIBLIO-PATIO... actividades que podedes ver no blog da biblioteca do noso centro:

(Premede nas imaxes para acceder ao blog da biblioteca onde obteredes máis información)

SAÍMOS NO XORNAL E NA TELE!!

Un ano máis fomos protagonistas do programa XORNAL ESCOLAR emitido pola cadea de televisión local TELEMIÑO. Coma en anos anteriores, parte do programa gravouse no centro e outra parte nos estudos de TELEMIÑO. A parte gravada no colexio xirou en torno as actividades que realizan os alumnos e alumnas da ECOPATRULLA, actividades que se realizan despois da hora de xantar. Aos estudos de TELEMIÑO acudiron os nenos e nenas de 5º e 6º de educación infantil que actuaron como público. Jeray (de 5 anos) e Ana e Martín (de 4 anos) exerceron como presentadores ao lado de Conchi (a presentadora oficial do programa) e a profesora Mª Teresa Sotelo foi esta vez a concursante. O programa emitiuse o pasado 08 de abril, podedes visualizalo premendo nas seguintes imaxes:

PRIMEIRA PARTE 

SEGUNDA PARTE

Como complemento á emisión do programa, o xornal LA REGIÓN emitiu tamén na súa sección chamada XORNAL ESCOLAR, unha ampla reportaxe sobre o noso centro e sobre a gravación do programa.

 

Tamén na edición dixital de LA REGIÓN saiu a reportaxe sobre o noso cole:

(Premede nas imaxes para acceder á publicación dixital)


No blog do programa de VOZ NATURA "Reciclamos lixo co mellor sorriso", podedes ver tamén un resumo das actividades que realizan os equipos de ECOPATRULLA, que comezaron este curso a funcionar e tanto éxito levan acadado:

- ACTIVIDADES ECOPATRULLA 

AIR PLANET!!

O 4 de abril tivo lugar no noso centro a actividade denominada AIR PLANET, destinada ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria. Esta actividade foi promovida pola organización española sen ánimo de lucro, COOPERACIÓN INTERNACIONAL ONG, que traballa dende 1993 por unha xuventude solidaria: "Su objetivo principal es promover el voluntariado y la participación social de los jóvenes en la ayuda a los más necesitados, convencidos de que “una actitud solidaria de los jóvenes de hoy construirá una sociedad mejor en el futuro”. Cada año, Cooperación Internacional ONG desarrolla más de 120 proyectos en 30 países y 4.500 jóvenes participan en sus actividades de voluntariad". (Sinopse extraída da páxina web do citado organismo)

Unha das moitas actividades que desenvolve esta organización é a de AIR PLANET, esta é xa a súa VI edición. AIR PLANET é un proxecto de sensibilización medioambiental que se leva acabo nos centros educativos. "El objetivo fundamental de esta iniciativa es fomentar una mayor conciencia de responsabilidad ante los impactos sociales y ambientales, así como promover entre los jóvenes un compromiso proactivo con el medio ambiente. “Air Planet” pretente también lograr un cambio social en torno a los hábitos de consumo y que los alumnos propongan posibles actuaciones para evitar el deterioro del medio ambiente".  

Este curso o proxecto de AIR PLANET está centrado no CAMBIO CLIMÁTICO. Mediante unha presentación, charla, talleres e paneis expositivos foron explicándolles aos alumnos: que é o cambio climático, efecto invernadoiro, causas, consecuencias, que podemos facer...  

No blog das Aulas Abalar tedes máis información e imaxes sobre o tema (premendo nas imaxes tedes un enlace ao citado blog).

CONCERTO DIDÁCTICO: ACÁBATE LA SOPA

Tamén o 4 de abril os alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria asistiron no Auditorio Municipal de Ourense á representación do conto musicado “Acábate la sopa”, que acerca aos nenos, dunha forma moi imaxinativa, á musica clásica e popular.

 

É a historia dunha nena, Muriel, que ten que acabar de comer un plato de sopa ao que non lle ten moitas ganas. A través da súa imaxinación, converte a cociña nun lugar máxico no que aparecen músicos, unha bailarina, e instrumentos coma o violín, un piano, un clarinete e un violonchelo..  "nun recital de temas musicais de estilos moi diferentes, que van desde unha melodía medieval de Guillaume de Machaut ata a música minimalista de Steve Reich e Philip Glass, pasando por compositores do século pasado como Shostakóvich e Eisler ou a música de The Beatles. Todos estes compositores parten dos mesmos ingredientes, as sete notas da escala musical, pero cada compositor elabora as melodías e os ritmos o seu xeito, creando a súa propia receita para cociñar as súas melodías". (Sinopse extraída da páxina web de Educación do Concello de Ourense)

En resumo, unha gran combinación de musica, teatro e danza que espertou o interese e a imaxinación dos nosos alumnos.

 

No xornal LA VOZ DE GALICIA fixéronse aco da nova:

 

 

SEMANA DA SAÚDE 2017

Nesta semana, do 3 ao 7 de abril, recibimos a visita de Cardio e imos celebrar a SEMANA DA SAÚDE cun montón de actividades: obradoiros de cociña, charlas, presentacións, sesións de contacontos e riquísimas e saudables degustacións... Aquí tedes o programa: 

 

 

SEMANA DA ÁRBORE E DA AUGA 2017

Ademais de celebrar o DÍA MUNDIAL DA METEREOLOXÍA (23 de marzo), na semana do 20 ao 24 de marzo realizamos ademais outras actividades relacionadas co DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES (21 de marzo) e o DÍA MUNDIAL DA AUGA (22 de marzo)

Entre elas destacamos a visita de Anxo Moure ao noso centro que realizou varias sesións de contacontos para todo o alumnado do centro. 

Premede nas imaxes para obter máis información sobre esta actividade no blog da biblioteca escolar:

 

A segunda actividade que destacamos foi a plantación de árbores, concretamente castiñeiros, en diversas zonas do patio do colexio. Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria plantaron cinco castiñeiros aos que apadriñaron, encargándose a partir de agora do seu coidado e de observar como van medrando.  

 Alumnos de 5º A e 5º B con OURICÍN           Alumnos de 6º con SEXTIÑEIRO

  Os nenos de 3º A con CASTI                       Nenos e nenas de 3º B con OURIZ

Alumnos e alumnas de 4º con ROZABALES 

 

Powered by Drupal - Design by artinet