Saúde Integral (SI)

SEMANA DA SAÚDE 2017

Xa temos aquí as actividades realizadas ao longo da SEMANA DA SAÚDE (do 3 ao 7 de abril de 2017), enmarcada dentro do PROGRAMA SI! (Saúde Integral). Comezamos o primeiro día coa visita de CARDIO que nos animou coma sempre a seguir un estilo de vida saudable. Despois realizáronse múltiples actividades co obxectivo común de mellorar os nosos hábitos de vida.

Os alumnos e alumnas de educación infantil realizaron un obradoiro por curso, en cambio os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º, ao longo da semana, realizaron dous obradoiros cada curso.

As actividades da semana continuaron ademais coas seguintes: visita por parte dos pequenos de 6º de infantil ás instalacións de FRUNATUR, o 27 de abril. E o 4 de maio, houbo dúas sesións de contacontos: unha para o alumnado de infantil e outra para o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º, finalizando así dunha maneira divertida e ao mesmo tempo, moi saudable, todas estas celebracións.

Na seguinte presentación deixámosvos unha mostra de cada unha delas, premede en cada imaxe para acceder ao seu contido. 

 

 
 
    
     

 (Premede nas imaxes para saber máis de cada unha delas)

SEMANA DA SAÚDE 2017

Nesta semana, do 3 ao 7 de abril, recibimos a visita de Cardio e imos celebrar a SEMANA DA SAÚDE cun montón de actividades: obradoiros de cociña, charlas, presentacións, sesións de contacontos e riquísimas e saudables degustacións... Aquí tedes o programa: 

 

 

PROGRAMA SI! CURSO 2016-17

Un ano máis seguimos avanzando co programa SI! (Saúde Integral), agora os cursos implicados no mesmo xa son: 4º, 5º e 6º de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria. Reproducimos a continuación unha carta da Fundación SHE (que se encarga da organización e difusión do mesmo) animando a todas as familias a participar activamente. Tamén se indican as claves de acceso á páxina web do programa www.programasi.org , donde podedes acceder a materiales e consellos sobre un estilo de vida saudable. (Despois de acceder á páxina web tedes que premer no apartado que indica "INTRANET"  e alí introducir o nome de usuario e clave que se indican a continuación):

 

Tamén vos deixamos un enlace ao último informe sobre a mellora da saúde cardiovascular mediante o fomento de hábitos saudables dende a infancia:

 

MATERIAIS 2016- 2017

 

Para que os teñades sempre a man, nos seguintes enlaces podedes consultar os distintos documentos e fichas que se van entregando ao longo do curso ás familias:

- 1ª actividade familias alumnos/as de 3 anos

- 1ª actividade familias alumnos/as de 4 anos

- 1ª actividade familias alumnos/as de 5 anos 

VISITA DE CARDIO, MAIO 2016

Un ano máis chegou a esperada visita de CARDIO ao noso cole. Como xa sabedes, CARDIO é a mascota do programa SI! (Saúde Integral) promovido pola fundación SHE do doctor Fuster e que dende o curso 2012-13 se leva a cabo no centro. 

Os nenos e nenas de infantil e 1º de primaria estaban ansiosos por recibir a CARDIO, abrazalo e bailar con el. Para preparar a súa visita, realizaron previamente, debuxos sobre CARDIO que colocamos nun gran panel no patio de entrada do colexio, para darlle a benvida nada máis chegar ao centro. Despois de saudar a CARDIO e bailar con el, este obsequiounos con "chuches" de zume de froitas...boísimas!!. 

Non vos perdades as imaxes desta xornada tan especial para os pequenos e pequenas.

Tamén, como xa sabedes, esta visita é o comezo da celebración da semana da saúde con CARDIO, da que xa vos iremos informando en seguintes novas. 

TREN TERMAL

Unha das actividade complementarias  do Programa SI! é a viaxe no tren turístico que percorre a ruta das termas, dende a Praza Maior de Ourense ata as pozas de Outariz, pasando pola zona termal da Chavasqueira, Muíño da Veiga... O luns 18 de maio realizaron esta viaxe  os pequenos/as de 4º de Educación Infantil e o martes 19,  os de 5º e 6º, tamén de infantil. O principal obxectivo desta actividade é o de concienciar aos nenos/as no respecto e coidado da natureza, ademais do goce que supón para eles o disfrutar dunha xornada ao aire libre nun entorno natural.

 

 (Máis información no blog do horto escolar. Premede nas imaxes para acceder a el)

PROGRAMA SI: VISITA DE CARDIO E COCIÑA SAUDABLE

O pasado mércores, 11 de marzo, realizamos dúas actividades enmarcadas dentro do programa SI!, unha dirixida aos nenos/as e outra ás familias.

1º- O mércores pola mañá recibimos unha visita moi especial: o noso amigo CARDIO (mascota do programa SI!), un ano máis, veu a saudarnos e a pasar un rato cantando e bailando cos alumnos/as de 4, 5º e 6º de Educación Infantil e cos de 1º e 2º de Educación Primaria, que son os participan neste programa de saúde promovido polo Concello de Ourense e a Fundación SHE. Tamén  felicitou aos cativos/as por ser uns nenos/as tan "saudables" e agasallounos cunhas gominolas tamén moi saudables feitas con zume de froita natural, sen glute nin colorantes e libres de graxas, que boas estaban!!. 

Como podedes ver na seguinte presentación os cativos/as pasárono fenomenal!!! A maioría deles cantaron e bailaron con CARDIO e todos querían abrazalo e facerse fotos con el. Os pequenos de infantil para recibilo puxeron os seus disfraces de entroido que este ano adicaron a "Os amigos de Cardio" (mazás, uvas, cenorias, tomates, uvas, peras ..., froitas e verduras saudables para o noso "cardio").

 

2º- Xa pola tarde as familias do alumnado de 4º de Educación Infantil, que son os que se incorporan por primeira vez ao programa, tiveron unha charla sobre alimentación e saúde, seguida dunha merenda saudable. 

Mentres os nenos/as eran atendidos no salón de actos por un animador, os papás/mamás e outros familiares dos cativos/as asistiron á charla  "COÑECER PARA MELLORAR" impartida por Dona Julia de la Montaña, experta en nutrición. Primeiro comezou cuns videos explicativos sobre o Programa SI!; nun deles o Doctor Fuster, impulsor do programa, fai unha pequena reflexión sobre o motivo da creación deste programa dirixido aos escolares e as súas familias. A continuación a nutricionista explicoulles cales eran as causas da obesidade infantil e das enfermidades cardiovasculares da sociedade actual, para logo darlles algunhas pautas para previr a obesidad e este tipo de enfermidades.

A charla foi completada por persoal dun grupo alimentario que explicou a elaboración de dúas receitas saudables e deu algúns consellos de cociña sobre como presentar dunha forma máis atractiva os alimentos.

Finalmente chegou o momento da merenda que nenos/as e as súas familias degustaron xuntos nun día cheo de emocións para os pequenos/as. 

(Premede nas imaxes para acceder á galería de fotos)

Mirade que guapos saímos no xornal con Cardio:

 

XORNADA DE COCIÑA SAUDABLE 2014-15

        

XORNADA DE COCIÑA SAUDABLE:

 

COÑECER PARA MELLORAR 

ESPERAMOS A PARTICIPACIÓN DE PAIS/NAIS, AVÓS/AVOAS... E ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL O VINDEIRO MÉRCORES, 11 DE MARZO, ÁS 18:30 H

 

A SAÚDE E COUSA DE TODOS!!! 

Enmarcada dentro do Programa SI, que se leva a cabo no noso centro en 4º, 5º e 6º de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria, terá lugar no colexio unha xornada de cociña saudable denominada "Coñecer para Mellorar". A xornada realizarase o vindeiro mércores, 11 de marzo, ás 18:30 h e consistirá primeiro nunha charla impartida por Dona Julia de la Montaña, profesora titular de nutrición da Universidade de Vigo, para logo continuar cun taller de cociña saudable centrado na preparación de pratos a base de froitas e verduras presentadas dunha maneira atractiva e, que logo serán degustados polos asistentes.

A actividade vai dirixida aos pais/nais, familiares e cativos/as de 4º de Educación Infantil que son os que se incorporan por primeira vez ao programa e aos que animamos a participar. Todos debemos involucrarnos na nosa saúde e potenciar hábitos saudables que redunden na sociedade e no noso contorno familiar en primeiro lugar.

 

 

 

PROGRAMA SI!- CURSO 2014-15

O programa SI! (Saúde Integral) estrea páxina web... Máis actualizada, con maiores prestacións e interactividade. Botádelle unha ollada! 

                                                       http://www.programasi.org/es

PROGRAMA SI!

SEMANA DA SAÚDE - 5º DÍA: PASEO NO TREN E VISITA DAS TERMAS 

E para rematar esta semana chea de actividades, unha viaxe en tren para coñecer a ruta termal ourensá

(preme nas imaxes para acceder á galería de fotos)

SEMANA DA SAÚDE - 4º DÍA: CONTACONTOS E OBRADOIRO DE EXPRESIÓN

1º- Sesión de Contacontos: "A princesa rebelde" , con este conto que falaba dunha princesa que non aceptaba as normas e axudou a curar a un dragón con cariño e abrazos, tratábase de modificar a visión que teñen os nenos/as das  princesas nos contos clásicos e promover unha visión positiva do labor do médico.

2º-Realización de xogos de expresión e relaxación: A través do xogo e centrándonos no rostro e na expresión oral aprenderon exercicios a nivel de expresión de emocións, traballaron aspectos de logopedia e relaxación.

            
Moi atentos escoitando e participando no conto e logo... a moverse con ritmo...!!

SEMANA DA SAÚDE - 3º DÍA: OBRADOIRO DE FROITAS

(preme nas imaxes para acceder á galería de fotos)

Que figuras tan divertidas se poden facer con froitas, e que ricas que están!! Non é de extrañar que os nosos cativos non deixaran nada nos pratos.

SEMANA DA SAÚDE- 2º DÍA: ALMORZO SAUDABLE

Hoxe con Cardio aprendemos a comer un bo almorzo, non faltaba de nada: zume, leite con cacao, brochetas de froita e uns bos bocadillos...  Esto sí que é comezar ben o día!!

SEMANA DA SAÚDE - 1º DÍA: VISITA DE CARDIO

 Empezamos a semana coa esperada visita de Cardio que nos animou a bailar e cantar con el!

(preme nas imaxes e verás todas as fotos)

Powered by Drupal - Design by artinet