Novidades
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN
Xa chegaron as esperadas e merecidas vacacións e, un ano máis, o Equipo da Biblioteca Escolar deixanos as súas recomendacións lectoras para este verán. Despois deste curso tan especial e cheo de inquedanzas, agora toca gozar do aire libre, da natureza, do sol, da praia... e como non, tamén de momentos de relax e tranquilidade, acompañados dun bo libro que nos faga soñar, emocionarnos e vivir mil aventuras.
Se queredes imprimir ou descargar o folleto informativo, aquí tedes o enlace:
ENCONTRO CON ANTÍA YÁÑEZ
Un ano máis participamos na actividade ENCONTROS CO AUTOR/A, que promove o Concello de Ourense, co fin de poñer en contacto aos alumnos e alumnas cos escritores e/ou escritoras e, que coñezan de primeira man a súa obra.
Este curso, debido ás medidas sanitarias que xa todos coñecedes, foi a propia autora a que se desprazou ata o noso centro para charlar cos rapaces e coas rapazas de 5º de primaria, grupo ao que vai destinada esta actividade.
O encontro coa xove escritora ANTÍA YÁÑEZ, tivo lugar o pasado venres, 22 de xaneiro, na aula de 5º. Previamente os alumnos e alumnas xa leran un libro da autora, concretamente: PLAN DE RESCATE.
Para coñecer mellor como resultou esta actividade, premede na imaxe que vos enlazará co blog da biblioteca onde se explica máis detalladamente.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »