ENQUISA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2023-2024

Accedede á enquisa da ANPA para indicar as actividades que son do voso interese papa o próximo curso 2023-2024.

PRAZO MATRÍCULA

O PRAZO DE MATRÍCULA ESTARÁ ABERTO DENDE O 20 AO 30 DE XUÑO

 Poden recoller a información de toda a documentación a presentar e os diferentes impresos na secretaría do centro ou descargalos premendo na seguinte imaxe. 

        
          

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023/2024

Do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023 está aberto o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e para solicitar axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2023/2024. Nos seguintes enlaces tedes toda a información:

  ORDE COMPLETA DA CONVOCATORIA

  EXTRACTO DA ORDE DE CONVOCATORIA

  ACCESO Á APLICACIÓN FONDOLIBROS

  ACCESO Á SEDE ELECTRÓNICA ONDE SE RECOLLE A   DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

  ANEXO I  (solicitude) e  ANEXO II (comprobación membros computables da unidade familiar)

 

 

DÍA DO DEPORTE NA RÚA

 

 

Para celebrar o DÍA DO DEPORTE NA RÚA que mellor idea que sair ao patio e recordar OS XOGOS POPULARES.

Pasamos un rato moi divertido xogando aos distintos xogos!

 

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO 2023

 

 Para celebrar o DÍA DO LIBRO volvemos saír ao patio para realizar a actividade de APADRIÑAMENTO LECTOR na que  os nenos e as nenas maiores lles  leron contos aos máis pequenos e ata algúns dos pequenos se lanzaron a lerlles aos maiores.

Os distintos grupos escolleron o espazo que máis lles gustou para gozar da lectura.

E para rematar puideron apadriñar un ou varios libros que se expurgaron da biblioteca para darlles así unha segunda vida. 

Pero aí non quedou a cousa, tamén houbo intercambio de marcapáxinas de agasallo entre toto o alumnado.

Un día fermoso para ler e escoitar!

 

O alumnado de 4º de visita educativa a GADIS

O alumnado de 4º de Educación Primaria visitou un supermercado Gadis. Esta actividade está enmarcada dentro da proposta educativa ALIMENTES coa que os supermercados Gadis queren achegar ao alumnado á alimentación saudable e ao consumo responsable.

 

 

CHARLAS SOBRE NUTRICIÓN

Ao longo de varios días tivemos no colexio a dúas nutricionistas do centro médico A Ponte, que nos falaron da importancia de alimentarse ben para que estemos ben nutridos e non nos falte ningún nutriente dos que precisa o noso corpo para que realice axeitadamente todas as súas funcións.

Aprendemos moito e xa nos quedou algo máis claro que alimentarse non é igual a nutrirse.

 

 

 

VISITA AO CEE O PINO

O pasado venres día 21, realizamos unha visita ao colexio de Educación Especial de O Pino. Ao longo da mañá desfrutamos da maxia, da música, dos xogos e dunha saborosa  merenda elaborada polo alumnado do centro. Gozamos dunha experiencia inesquecible da que levamos un montón de amigos e moitas gañas de celebrar outra xornada de convivencia similar no noso centro.

Powered by Drupal - Design by artinet