COMEZO CURSO ED. INFANTIL 3 ANOS
Estimadas familias dos alumnos e alumnas de 3 anos que comezan no noso centro a súa primeira etapa escolar: comunicámoslles que o vindeiro luns, 6 de setembro, ás 10:30 da mañá, haberá unha reunión no colexio para informalos do período de adaptación e doutras normas do centro.
Á citada reunión, por mor das restricións sanitarias, só poderá acudir un membro de cada familia e prégase por favor, que non traian aos nenos e/ou nenas.
No seguintes enlaces poden consultar os horarios e quendas do período de adaptación, a lista de material e un tríptico con recomendacións sobre a incorporación ao colexio do alumnado de 3 anos:
NOVAS INICIO DE CURSO 2021-22
MODELO DE ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA COVID-19:
Enlace para poder descargar ou imprimir os dous documentos anteriores:
COMEZO DE CURSO 2021-2022
BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2021-22 |
Esperámosvos o xoves 09 de setembro no horario habitual: de 9:30 a 14:30 (xornada lectiva) e ata as 15:30 h. para os que fan uso do servizo de comedor escolar (en setembro e xuño) e ata as 16.00 h. de outubro a maio.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22