Para celebrar o DÍA DO DEPORTE NA RÚA que mellor idea que sair ao patio e recordar OS XOGOS POPULARES.
Pasamos un rato moi divertido xogando aos distintos xogos!
Para celebrar o DÍA DO LIBRO volvemos saír ao patio para realizar a actividade de APADRIÑAMENTO LECTOR na que os nenos e as nenas maiores lles leron contos aos máis pequenos e ata algúns dos pequenos se lanzaron a lerlles aos maiores.
Os distintos grupos escolleron o espazo que máis lles gustou para gozar da lectura.
E para rematar puideron apadriñar un ou varios libros que se expurgaron da biblioteca para darlles así unha segunda vida.
Pero aí non quedou a cousa, tamén houbo intercambio de marcapáxinas de agasallo entre toto o alumnado.
Un día fermoso para ler e escoitar!
O alumnado de 4º de Educación Primaria visitou un supermercado Gadis. Esta actividade está enmarcada dentro da proposta educativa ALIMENTES coa que os supermercados Gadis queren achegar ao alumnado á alimentación saudable e ao consumo responsable.
Ao longo de varios días tivemos no colexio a dúas nutricionistas do centro médico A Ponte, que nos falaron da importancia de alimentarse ben para que estemos ben nutridos e non nos falte ningún nutriente dos que precisa o noso corpo para que realice axeitadamente todas as súas funcións.
Aprendemos moito e xa nos quedou algo máis claro que alimentarse non é igual a nutrirse.
O pasado venres día 21, realizamos unha visita ao colexio de Educación Especial de O Pino. Ao longo da mañá desfrutamos da maxia, da música, dos xogos e dunha saborosa merenda elaborada polo alumnado do centro. Gozamos dunha experiencia inesquecible da que levamos un montón de amigos e moitas gañas de celebrar outra xornada de convivencia similar no noso centro.
Para conmemorar o DÍA DO AUTISMO contamos hoxe coa visita de dúas representantes da ASOCIACIÓN POR ELES TEA para falarnos das persoas que teñen TEA (Trastorno do Espectro Autista).
Axudáronnos a coñecer as súas características, o que lles gusta ou molesta, pero sobre todo trataron de concienciarnos de que todos e todas somos diferentes, pero que temos as mesmas necesidades de socializar.
Pero nós tamén tivemos que aportar un pouco coas nosas dúbidas e preguntas e finalmente os máis pequenos pintaron unha imaxe de ELMER para crear cadaquen o seu Elmer propio e os maiores reflexionaron sobre aquilo no que son bos e aquilo no que precisan axuda. Escribírono nuns post-it e crearon un pequeno mural con eles.
GRAZAS POLA VOSA VISITA!!
Hoxe realizamos no centro un simulacro de evacuación por incendio. Tocou saír do cole sen prisa pero sen pausa para chegar ao punto de encontro e agardar os servizos de emerxencia.
Contamos coa participación dos BOMBEIROS, de PROTECCIÓN CIVIL e da POLICÍA LOCAL.
Unha vez que chegaron ao centro procederon a mostrar como apagarían o lume, pero iso non foi todo. A profe Carmen e Alejandro quedaron atrapados dentro do cole e os bombeiros tiveron que buscalos e rescatalos para poñelos a salvo.
Os nenos e nenas fixérono xenial e todos saiu moi ben.
Despois do traballo tiveron a sorte de entrar no camión dos bombeiros, na ambulacia e incluso no coche da policía. Pasárono moi ben.
Os axentes medioambientais vieñeron ao colexio para visitar ao alumnado de 2º.
Explicáronnos en que consiste o seu traballo, proxectáronnos vídeos reais de incendios, animais....e concienciáronnos de como coidar o nos entorno.
Despois vimos o coche coa súa equipación e fixeron simulacros coa emisora.
Para rematar plantamos unha cerdeira no patio para celebrar o día da árbore.
PREME NA IMAXE PARA VELA MÁIS GRANDE
O venres 10 de marzo tivemos a visita de NIEVES, que nos veu a falar dos PRIMEIROS AUXILIOS. Esas actuacións que debemos realizar cando alguén se atopa mal por un accidente, golpe ou esvaecemento.
Falounos da técnica de Heimlich para os atragoantamentos, da posición lateral de seguridade cando alguén está accidentado ou tivo un esvaecemento e da RCP (Reanimación CardioPulmonar) se unha persoa non respira nin lle notamos o pulso.
Algúns voluntarios e voluntarias intentaron facer algunha destas técnicas e comprobaron que non é tan sinxelo como parece, polo que hai que practicalas para facelas ben.
Unha cousa que nos quedou clara é que temos que cumprir con estas siglas P A S : Protexer - Avisar - Socorrer, para facer unha boa labor de primeiros auxilios.
MOITAS GRAZAS NIEVES!!
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |