Para seguir recordando cada día a diversidade das persoas que nos rodean realizamos no centro varias actividades de concienciación neste caso sobre o autismo e o síndrome de down.
OURENCANTO
O luns 8 de abril, todo o alumnado de 4º curso de primaria participou nunha actividade dos programas educativos que ofertan ós colexios, o Concello de Ourense. A actividade denomínase Ourencanto. O fin da actividade, era acercar a música coral ao alumnado e fomentar a escoita atenta. Durante a actividade, o alumnado escoitou a interpretación dun conto musical “A nena e o avó” e participou na interpretación de cancións sinxelas e acompañamento de pequenas coreografías.
https://www.laregion.es/video/videos-ourense/ourencanto-pone-valor-musica/202404072208561284876.html
ECOPERCUSIÓN
O mércores 3 de abril, todo o alumnado de 6º curso de primaria participou nunha actividade dos programas educativos que ofertan ós colexios, o Concello de Ourense. A actividade denomínase Ecopercussión e foi moi motivadora e gratificante para o alumnado. Consistía na creación dunha banda de percusión, con material de reciclaxe, para traballar distintos patróns rítmicos utilizando a percusión vocal e corporal.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »