Un ano máis participamos na recollida solidaria de alimentos e xoguetes, colaborando con Protección Civil do Concello de Ourense.
Se vos animades a colaborar, podes facer as entregas no colexio.
O pasado venres 10 de novembro festexamos o magosto no colexio, gozando dunha xornada de xogos populares organizados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Contamos coa colaboración do alumnado de 6º de EP que dinamizou cada un dos xogos.
Xogamos, bailamos e ramatamos cun xantar enxebre no mesmo patio: bocata de chourizo e castañas asadas na fogata que nós mesmos fixemos.
Como non podía ser doutro xeito, os nenos e nenas remataron a xornada pintándose cos tizóns.
Que chulísimas quedaron as cabazas. Mirade a exposición que montamos con elas. Todos os cursos pasaron pola exposición coas luces apagadas, para sentirse nun tunel de medo. O alumnado de 6º EP axudou moito para que esta actividade resultase aínda máis terrorífica.
Queridas familias, moitas grazas pola vosa colaboracion!
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |