Xogos de gramática para Primaria

IMOS REPASAR UN POUQUIÑO DE GRAMÁTICA!

  • Na seguinte ligazón podedes acceder a un xogo no que teredes que identificar os substantivos que aparecen nas diferentes oracións. Esta actividade está pensada para alumnos e alumnas de 2º e 3º de Primaria.

https://docs.google.com/presentation/d/1SNMklQy7VdE9fWHyVbymtvTFUiw8wVpBuF5DTfJLhfU/mobilepresent?slide=id.p

  • Aqui tedes un xogo co que podedes repasar o xénero dos substantivos. Está indicado para alumnos e alumnas de 2º e 3º de Primaria. Tedes que ir sinalando se os nomes que aparecen son masculinos ou femininos.

https://learningapps.org/watch?v=p4w3q7o4520

  • No seguinte xogo podedes repasar os artículos. Está pensado para alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria. O xogo consiste en vencer a un “supervillano” contestando correctamente ás preguntas que se fan en cada xogada.

 

  • Outro xogo, indicado para alumnado de 4º e 5º de Primaria, que  nos permite repasar os tipos de substantivos. Deberedes clasificalos segundo sexan masculinos ou femininos, comúns ou propios, si están en singular ou plural, se son individuais ou colectivos e se son concretos ou abstractos. Como todos os xogos é autocorrexible.

https://www.aulapt.org/2020/03/22/juego-online-el-sustantivo-y-sus-tipos/

  • Na seguinte ligazón podedes acceder a outro xogo que vós permite repasar os posesivos. Está indicado para alumnado de 4º e 5º. A actividade consite en ir colocando os posesivos que van aparecendo no casilleiro correspondente, segundo sexan masculinos ou femininos e se están en singular ou en plural.

https://learningapps.org/watch?v=px5dcfivj20

  • Tamén podedes repasar os verbos. No seguinte xogo teredes que ir identificando os verbos de diferentes oracións. Está indicado para alumnado de 3º e 4º de Primaria.

https://docs.google.com/presentation/d/1tnWiYYNK00hyVf23IcKfETJDDNIERc41fJy0p3q69eU/mobilepresent?slide=id.p

  • No seguinte xogo, indicado para alumnado de 5º de Primaria, teredes que ir indicando a conxugaxión, a persoa e o tempo dos diferentes verbos que irán aparecendo.

https://docs.google.com/presentation/d/1fvg-mOOQQoPuelmfSf3LE2MDCGQGciWQ4_LOfUcOBXg/mobilepresent?slide=id.p