RECOLLIDA DE MATERIAIS E ENTREGA DE LIBROS DO FONDO
A organización para estes últimos días será do seguinte xeito:
- Cada curso terá un día concreto para vir recoller o material de uso individual que quedou aquí.
- Ese mesmo día vos recolleremos os libros do fondo que teñades na casa, así como as mochilas viaxeiras e outros empréstitos da biblioteca.
- As familias con varios fillos escolarizados poderán decantarse por un día. Nese caso deberán concretar cos distintos titores a través da aplicación (Edmodo en Primaria e Classdojo en Infantil) que día van escoller, para que os titores que non estean ese día lles deixen preparado o material aos outros. Se queredes vir os distintos días podedes.
- A entrada farase polo patio onde se entra polas mañás normalmente.
- O horario será de 10 a 13, tentando ser rápidos e garantindo as distancias de seguridade e usando mascarilla.
- Agardaredes fóra mantendo a distancia, e iredes pasando individualmente. Un proxenitor por alumno (e o alumno se queredes e con mascarilla a partir dos 6 anos).
As datas establecidas son:
18 de xuño - 5º de primaria
19 de xuño - 6º de primaria
22 de xuño - 1º e 2º de primaria
23 de xuño - 4º de primaria
25 de xuño - 4º de infantil
26 de xuño - 3º de primaria
29 de xuño - 5º e 6º de infantil
- Os inconvintes particulares os resolvedes coa dirección do centro, pero concretade cos titores no caso de que teñades varios fillos e só queirades vir un día.
- Non se trata de ter titoría ese día. Podedes vir con liberdade entre as 10 e as 13 e ao chegar agardar a quenda. Non hai que pedir cita previa, pois xa vos estamos repartindo en moitos días distintos para evitar aglomeracións.
- Lembrade que o prazo para fondo libros e axudas de material para o vindeiro curso en Primaria remata o día 19 de xuño.
- As notas publicaranse en Abalar Móbil, pero como non aporta toda a información tamén volas entregaremos en papel ese día.