Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Sábado Xuño 13, 2020
Start: 13/06/2020 20:05

A organización para estes últimos días será do seguinte xeito:

 

- Cada curso terá un día concreto para vir recoller o material de uso individual que quedou aquí.

- Ese mesmo día vos recolleremos os libros do fondo que teñades na casa, así como as mochilas viaxeiras e outros empréstitos da biblioteca.

- As familias con varios fillos escolarizados poderán decantarse por un día. Nese caso deberán concretar cos distintos titores a través da aplicación (Edmodo en Primaria e Classdojo en Infantil) que día van escoller, para que os titores que non estean ese día lles deixen preparado o material aos outros. Se queredes vir os distintos días podedes.

- A entrada farase polo patio onde se entra polas mañás normalmente.

- O horario será de 10 a 13, tentando ser rápidos e garantindo as distancias de seguridade e usando mascarilla.

- Agardaredes fóra mantendo a distancia, e iredes pasando individualmente. Un proxenitor por alumno (e o alumno se queredes e con mascarilla a partir dos 6 anos).

 

As datas establecidas son:

 

18 de xuño - 5º de primaria

19 de xuño - 6º de primaria

22 de xuño - 1º e 2º de primaria

23 de xuño - 4º de primaria

25 de xuño - 4º de infantil

26 de xuño - 3º de primaria

29 de xuño - 5º e 6º de infantil

 

- Os inconvintes particulares os resolvedes coa dirección do centro, pero concretade cos titores no caso de que teñades varios fillos e só queirades vir un día.

- Non se trata de ter titoría ese día. Podedes vir con liberdade entre as 10 e as 13 e ao chegar agardar a quenda. Non hai que pedir cita previa, pois xa vos estamos repartindo en moitos días distintos para evitar aglomeracións.

- Lembrade que o prazo para fondo libros e axudas de material para o vindeiro curso en Primaria remata o día 19 de xuño.

- As notas publicaranse en Abalar Móbil, pero como non aporta toda a información tamén volas entregaremos en papel ese día.

Venres Xuño 19, 2020
Start: 19/06/2020 17:04

O arquivo adxunto contén as listaxes de libros de texto para o vindeiro curso 2020/2021.

Antes de facer algunha adquisición deberiades agardar á resolución da convocatoria de axudas para libros de texto e material.

Este curso toca cambio dos libros de 3º e 5º, por levar xa 6 anos de uso.

En 1º e 2º, ao ser funxibles, pódense revisar anualmente e tamén haberá cambios de cara ao próximo curso.

De 4º a 6º non aparece libro de texto de Relixión Católica porque van seguir empregando os libros do fondo e temos existencias.

Non están nas listaxes os cadernos de Lengua Castellana (1º e 2º) e Inglés (1º a 6º), por non estar considerados libros de texto. Aparecerán nas listaxes de material que publicaremos en setembro cando se incorpore o profesorado novo e definamos as titorías.

As persoas beneficiarias de libros de texto de 3º a 6º os recibirán en setembro por parte da escola. Os beneficiarios de 1º e 2º os mercarán con cargo ás axudas que reciban.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut