Orde do 16 de febreiro de 2009 pola que se regula o desenvolvemento da avaliación diagnóstica na Comunidade Autónoma de Galicia.
A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, prevé, nos seus artigos 21 e 29, a realización dunha avaliación de diagnóstico de carácter censual que se deberá levar a cabo en todos os centros educativos.
A avaliación diagnóstica posúe carácter formativo e orientador para os centros e informativo para as familias e para o conxunto da comunidade educativa. A súa finalidade última é contribuír á mellora da calidade e da equidade da educación, a través do coñecemento da adquisición das competencias básicas dos estudantes. A súa realización pretende suscitar a reflexión sobre a práctica educativa e orientar procesos de transformación e mellora. En ningún caso substitúe á avaliación do proceso de ensinanza e aprendizaxe que comúnmente se desenvolve nos centros educativos, senón que complementa o coñecemento que aquela proporciona e promove que a toma de decisións posterior sexa máis axustada á realidade de cada centro.
Para as persoas interesadas en consultar esta orde facilítaselles no ficheiro que se xunta ou ben poden obter máis información na páxina web da Consellería de Educación no enderzo http://edu.xunta.es