Skip to Content

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARA PARA O ALUMNADO. CURSO 21-22

Publicada a orde que regula o acceso ás máscaras de protección que a Xunta pon á disposición do alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato

Tal e como establece a convocatoria, todo o alumnado que conta con axudas de material escolar da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no presente curso 2021-22, será beneficiario directo das máscaras, polo que neste caso non terá que formalizar ningunha solicitude.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021. CANDIDATURAS (No ano 2021 celebraranse as eleccións adiadas do ano 2020)

ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS/TITORES AO CONSELLO ESCOLAR 2021

CIRCULAR INFORMATIVA

De conformidade coa Convocatoria do día 3 deste mes, o próximo luns día 22 de novembro, en horario de 9:00 a 10:15, de 13:00 a 14:30 e de 16:30 a 18:30 horas celébrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais/nais/titores legais do alumnado no Consello Escolar do colexio. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada convocatoria, procederase da seguinte forma:

1º.-Quen pode votar

Teñen dereito a votar todos/as pais/nais/titores legais do alumnado matriculado no centro que figure no censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

2º.-Modo de emitir o voto

a)    O voto será directo, secreto e non se poderá delegar.

b)    Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

c)    Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos/as candidatos/as, por orde alfabética de apelidos, de cada elector deberá marcar cunha cruz un máximo de: dous nomes das candidaturas relacionadas, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.

d)    Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será publicado e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.

A dirección deste colexio anima a todos/as os/as pais/nais/titores legais do alumnado a que participen na votación do próximo luns, como unha forma máis de colaboración na organización do centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

3º.-Candidaturas presentadas por orde alfabética

 

1.    Blanco Teijeiro, Pablo

2.    Camiño Framil, María Dolores

3.    Casal Vilar, Ana Belén

4.    Hermo Outeiral, Manuel

5.    Ignacio Veiga, Ana Belén

6.    Noche Álvarez, Santiago

7.    Otero Corral, Susana

8.    Torrente Vilasánchez, Susana

 

Ames, a 18 de novembro de 2021

                                                            A DIRECTORA DO CENTRO:

                                                    PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL

 

 

 
   

  Asdo: María Carmen Liñares L

CHARLA SOBRE O MAPA SOCIOLINGÜÍSTICO DE AMES

O luns día 8 de novembro estiveron no noso cole, Xaquín Loredo e Gabino Vázquez en representación da Real Academia Galega, para expoñer ao profesorado a situación do galego no Concello de Ames. Debatimos e aportamos ideas de como se podería ir revertendo a situación actual e conseguir que o noso alumnado use máis a nosa lingua. Comprometémonos a seguir poñendo en valor o idioma propio como un ben patrimonial que debemos coidar. Intervirase a través de diferentes acciónsque se levarán a cabo nos distintos centros educativos do Concello. Usemos a lingua! Coidémola!

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021 (No ano 2021 celebraranse as eleccións adiadas do ano 2020)

Cada dous anos procédese á renovación parcial dos membros dos consellos escolares e normalmente coincide en anos pares polo que ao longo do mes de novembro procederemos a tal efecto

  • Sorteo dos membros titulares e suplentes da xunta electoral.
    • Celebrado o  27 de outubro ás 12:00 horas na secretaría do centro.
    • Calendario electoral.
    • Datas importantes:
      • Do 4 ao 11 de novembro, de 9 a 14 horas --> Prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores na secretaría do centro.
      • Do 15 ao 21 de novembro --> campaña electoral.
      • 22 de novembro --> votacións.  
  • Compoñentes do consello escolar no noso centro (15):
    • Membros natos:
      • 3 (Dirección, xefatura de estudos e secretaría)
    • Membros elixibles:
      • 5 representantes do profesorado.
        • A renovar 2 nesta convocatoria
      • 5 representantes das persoas responsables de alumnado.
        • A renovar 3 nesta convocatoria.
      • 1 representante do persoal de administración e servizos.
        • A renovar 0 nesta convocatoria.
    • Membros designados:
      • 1 representante das persoas responsables de alumnado designado pola ANPA.
      • 1 representante do Concello, proposto polo mesmo.

Animamos á toda a comunidade educativa a que participe nas mesmas xa que o consello escolar é o órgano de maior representación.

Normativa que regula o proceso:

 

 

 

Orde do 22 de xullo de 1997, pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil, dos colexios de infantil e primaria e primaria e dos colexios de primaria. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/1997/19970902/AnuncioA146_gl.html

PRESENTACIÓN DO LOGOTIPO DO CENTRO

                                                  O NOSO MAIOR AGRADECEMENTO A MÓNICA FERNÁNDEZ POR FACER DESINTERESADAMENTE O DESEÑO DO LOGOTIPO BASEADO NAS IDEAS DO NOSO ALUMNADO. MIL GRAZAS!!! ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

QUE REPRESENTA PARA TI O LOGOTIPO DO COLE? (Respostas do noso alumnado)

ØUnha roda (MOA) que xira cara o FUTURO.

ØNese avance cara o futuro sempre vai haber MOMENTOS FELICES.

ØOs símbolos centrais entrelazados quere dicir que todos nos COIDAMOS entre nós. Posto que estamos unidos por un fío invisible, o que nos acontece a un afecta a todos. Cada acción que un fai repercute en todos os demais: TODAS AS ACCIÓNS IMPORTAN.

ØA sombra que proxecta é o chan: algo no que apoiarse, onde manterse firme: UNHAS RAÍCES QUE NOS SOSTÉN, NON FLOTAMOS Á DERIVA.

ØA sombra representa o pasado, o que vai quedando detrás de nós. Sen embargo, a roda xira cara o futuro. Sempre temos detrás quen nos coide se necesitamos AXUDA: os amigos, os profes…

ØA sombra dinos que aínda que se vaian cada ano os de 6º, nunca perdemos a marca: a súa PEGADA.

ØO círculo central é un ollo que nos observa pero que mira cara o FUTURO.

ØA cor verde é a cor do noso AGRO,da herba, das plantas…. É  a cor da NATUREZA,invita a coidar o  MEDIO AMBIENTEque nos rodea. Tamén a cor do símbolo do  CONCELLO ao que pertence o noso cole.

ØA roda  vaise ampliando dende o centro cara a fóra e REPRESÉNTANOS A TODOS: primeiramente á rapazada de infantil e segundo imos medrando ao alumnado de 1º a 6º de Primaria. ESTAMOS TODOS NA RODA. Entre todos facémola máis grande.

ØO círculo que roda a moa é unha capa invisible que nos protexe, como si fose a nosa ATMOSFERA PARTICULAR.Ninguén pode facernos dano.

ØAs letras que van xirando do CEIP AGRO DO MUÍÑO, é a OPORTUNIDADE que temos cada un de nós en cada momento. Cada letra ten o seu momento. Se falta algunha das letras non tería sentido. Cada momento é ÚNICO.

CELEBRAMOS O SAMAÍN EN AGRO

A CONTACONTOS MANUELA VARELA COA BRUXA MARUXA (Actividade da ANPA)

 

AMBIENTACIÓN NO CENTRO.

Esta semana celebramos o Samaín. O alumnado disfrutou coa Bruxa Maruxa e vestíronse con terroríficos disfraces.

SAMAÍN EN AGRO

HORARIOS ESPELLO CURSO 21-22

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID. CURSO 21-22

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID. CURSO 21-22

As novidades do Plan aparecen resaltadas en negriña.

Distribuir contido


by Dr. Radut