Skip to Content

POSTAIS GAÑADORAS NADAL 2022

BO NADAL A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA!!!

ALUMNADO DE 6º PREMIADO NA FEIRA INNOVAMES. PARABÉNS NENOS E NENAS!!!

PARABÉNS AO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA POLO 2º PREMIO E UN ACCÉSIT RECIBIDO NA FEIRA DE INNOVACIÓN - INNOVAMES- DO CONCELLO. PRESENTARON DOUS PROXECTOS: UN SOBRE O CAMIÑO DA RÍA MUROS NOIA- SANTIAGO (ACCÉSIT 200€) E OUTRO SOBRE A TOPONIMIA DE AMES A TRAVÉS DO TEATRO (2º PREMIO 1000€). GRAZAS AO CONCELLO POR CONVIDARNOS A PARTICIPAR!

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR. ELECCIÓNS PAIS/NAIS

CONVOCATORIA

De conformidade coa resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (D.O.G. 30/09/2022), a Xunta Electoral deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS/NAIS/TITORES DE ALUMNOS, segundo as seguintes normas:

1.    Conforme o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG DO 21) redactado segundo ao establecido na disposición adicional terceira do Decreto 7/1999 do 7 de xaneiro (DOG do 26 xaneiro), corresponde elixir no presente proceso electoral a dous pais/nais/titores, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar; dos cales un/unha na votación deste proceso electoral, outro pai/nai/titor será o representante proposto pola ANPA e os/as outros/as tres continúan como consecuencia da súa elección anterior no 2021.

2.    Son electores todos os pais/nais/titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día da data 10 de novembro, estará exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14:00 horas do día 17 de novembro.

3.    Son elixibles os/as pais/nais/titores legais do alumnado que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na secretaría do colexio. As candidaturas poderán ser presentadas do  día 11 ata o 18 de novembro.

4.    O sorteo dos membros da mesa electoral realizaranse en acto público, entre os/as pais/nais que non se presenten como candidatos/as, o día 21 de novembro ás 16:30 horas. Dita mesa electoral estará composta pola directora do centro, que actuará como presidenta e catro pais/nais/titores legais, actuando de secretario/a o/a de menor idade.

5.    A campaña electoral comprenderá dende o 22 de novembro e ata o 27 de novembro ambos días inclusive. As dependencias e servizos do centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición á presidenta da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio.

6.    Poderán actuar como supervisores/as da votación os/as pais/nais/titores matriculados no centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola sinatura de 10 electores.

7.    As votacións realizaranse neste centro o día 28 de novembro, de 9:00 a 10:15, de 13:00 a 14:30 e de 16:30 a 18:30 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, ás 9:00 horas

8.    Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de un nome (art. 42) dos/as candidatos/as presentados/as, debendo acreditar a súa identidade á hora de votar exhibindo o DNI ou documento similar. O voto será directo, segredo e non delegable.

9.    Non se admitirá o voto por correo.

10.  Terán dereito ao voto ambos pais/nais/titores legais do alumnado.

11.  Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para o envío á Xunta Electoral do centro.

12.  A Xunta Electoral do centro resolverá tódalas dúbidas e reclamacións que se podan formular.

Ames, a 10 de novembro de 2022

                                                            A DIRECTORA DO CENTRO:

                                                    PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL

ELLECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022. DOG

CALENDARIO DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR.

Neste curso toca renovar 2 pais/nais ( un deles é nomeado pola ANPA), 3 profesores e 1 persoal de administración e servizos (PAS).

CELEBRAMOS O SAMAÍN EN AGRO!!!

BENVIDOS AO CURSO ESCOLAR 2022-2023.COMEZAMOS A VIAXAR POLO MUNDO!

 

CULTURAS DO MUNDO! BOA VIAXE!
   

 

CHEQUES DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

As listaxes de admitidos e excluídos tanto para os cheques de libros como de material escolar están expostas no taboleiro da secretaría. Aquelas solicitudes que foron feitas de xeito telemático podedes consultalas por esa vía.

En 4º de Primaria TODO o alumnado ten fondo de libros.

DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZAR MATRÍCULA. CURSO 22-23

  DO 20 AO 30 DE XUÑO

Distribuir contido


by Dr. Radut